Xoán Bascuas: “CxG é galeguista, que é un concepto moito máis amplo que o de nacionalista”

O líder de Compromiso por Galicia destaca nesta entrevista a importancia que esta formación terá nos comicios do 25S. Suliña que, a pesar dos recursos modestos, a campaña se lle está “dando ben”, tanto na cobertura mediatica, como no contacto coa xente. Insiste en recuperar o autogoberno para mellorar a calidade de vida dos galegos e destaca que CxG xoga na casa e é galeguista, pero non soberanista, nin independentista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 15/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Como vai a campaña?

Xoán Bascuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Bascuas nas primarias de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

Con todo, a vosa é unha campaña de baixos recursos. A que aspira CxG nestes comicios?

A nosa campaña é de baixo custo, aínda que tamén se pode apreciar que outras formacións, desde que comezou a crise, tamén limitaron gastos. Nós tamén nos axustamos a iso. E aspiramos a todo. Que a cidadanía coñeza cada vez máis as propostas de CxG e gañar cada vez máis implantación no territorio para ser a forza central do goberno de cambio. É dicir, os que amalgamemos este novo goberno.

Veste, logo, formando parte dun novo goberno?

Si. Non sei se dentro pero dándolle o noso apoio e sendo unha peza chave nese goberno.

Un momento da entrevista con Xoán Bascuas
Un momento da entrevista con Xoán Bascuas | Fonte: Sara Torreiro

Hai catro anos CxG sacou 14.459 votos, o 1,01%. Supoño que os melloraredes?

Si, claro. É evidente. É lóxico. 

Cales son as principais propostas coas que tentades convencer ao electorado?

Basicamente son catro eixos. Así, defendemos a mellora do autogoberno, ligado á mellora da calidade de vida da cidadanía. É dicir, máis poder ás nosas institucións para que os galegos vivan mellor. En segundo lugar estaría a defensa da educación e da sanidade pública e o incremento da súa calidade. E logo, un sector que é moi importante para nós que é converter os servizos sociais no 4ª vector da sociedade do benestar. Xa como cuarta proposta, para todo o demais é importante xerar emprego e economía produtiva. 

E non cres que algunha destas propostas poden chocar con outras que propón o BNG?

Nós o que queremos é poñer en valor o actual Estatuto, reivindicar as competencias de autogoberno que temos porque non se fixo ningunha transferencia, e desenvolver as nosas competencias. O BNG non dixo isto. Está por outra cousa. Nós reclamamos unha policía galega, por exemplo, e non para que haxa máis funcionarios, senón porque o 40% das multas do Estado parte do noso país, e teremos que adaptar esa realidade ás demandas e necesidades de Galicia. Tamén pedimos un xestor ferroviario galego para que haxa unha comunicación entre as distintas entidades de poboación.

Cando dis que o BNG está a outra cousa, a que te refires?

Eles reivindican xa a soberanía nacional, que é moi lícito, pero están a outra cousa. En todo caso, será o BNG quen cho teña que dicir.

Sen embargo, CxG tamén é unha forza política galega e, aí, xogades no mesmo campo que o BNG, non?

Nós somos unha forza política que nos definimos como galeguista, que é un concepto moito máis amplo que o de nacionalista. Nós somos galeguistas e queremos poñer o autogoberno ao servizo da cidadanía. No galeguismo cabemos todos os cidadáns galegos. Logo hai quen se declara nacionalista ou independentista. Pero os outros campos son máis pequenos ou exiguos. 

CxG ven de pasar unha serie de divisións internas. Cres que isto lle pasará factura?

Non houbo divisións internas.

Eu me refiro ao proceso de confluencia aberto con En Marea que deu lugar a saída de militantes..

O que houbo foi un proceso de votación no que o 71% apostou por ir cun rumbo propio e o outro 29% restante pois apostou por ir con En Marea. E moitos deses quedou, finalmente, en CxG. Pero iso non foi unha división. Nós somos os que temos un maior grado de unidade con respecto a outras outras forzas. E moitos medios de comunicación din que iso é un valor; a nosa unidade e a falta de conflitos internos. 

Claro porque os que estaban incomodados xa marcharon...

Non, porque cando estaban non había división. Non había tira-puxas como outros. En democracia estás nunha organización, ou non. Non é como no PSOE ou os conflitos que se dan noutras organizacións. Nós iso xa non o temas. 

E xa falando da campaña. Cres que se está marxinando a túa formación?

Non me queixo do estado do terreo de xogo. Só pido que me deixen participar no partido. Un sabe en que territorio estamos. Lamentarse non é bo e non axuda en nada. Hai que ser positivo e construtivo aínda que nos veñan mal dadas. E penso que a campaña se nos dá ben, tanto na cobertura mediática, como no contacto coa xente. O único problema é o que entende a Xunta electoral galega de grupo político significativo.

Dilo polo vosa exclusión do debate?

E que houbo unha decisión inxusta e quero agradecer a solidariedade doutras forzas políticas e entidades. Que se diga que C's é unha forza política relevante e só presentou 19 candidaturas e sacou 16 actas, cando nós presentamos 41 candidaturas e temos 43 concelleiros e tres alcaldías... en fin.  Por iso estase sendo manifestamente inxusto e por iso presentamos un recurso. 

E cal é o futuro de CxG se non obtén mellores resultados que hai catro anos?

O futuro decidirano os homes e mulleres de CxG, pero hai horizontes que non se contemplan.

Cales?

Que non creo que os nosos resultados vaian ser peores que hai catro anos. En todo caso, nós temos unha folla de ruta definida e clara e o noso horizonte será a de configurar unha forza política sen a cal non se pode entender o futuro político deste pais.

Entendo que ti seguirás ao fronte, non?

Efectivamente.

Para rematar. Faime unha quiniela de resultados?

Pois 4 deputados de CxG e os demais que o repartan como queiran tendo en conta que o PP perderá a maioría absoluta. Pero o importante é o partido que se xogará o 25S e esperamos que o árbitro sexa caseiro.

Xoán Bascuas, líder de CxG, durante a pegada dos carteis electorais
Xoán Bascuas, líder de CxG, durante a pegada dos carteis electorais | Fonte: CxG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

11 jot

O PP tb se define como um partido galeguista... Se o independentismo serve para diferenciar CxG e Bng, que é o que o diferência então das Marés? Porque o programa explicadao por Báscuas... não é.

10 Desiderio

Razóns para NON votar as Mareas: Fernán Vello hoxe de ganchete coa impresentable Marta Rivera de la Cruz (sempre gostou das merendiñas, lembren que era defensor das 'vieiras furtivas' da Toñi Vicente, e agora segue querendo mesa), a deputada Pam insulta a mulleres e discapacitados e non dimite (igual que na mafia do Partido Podre con Rita Barberá)... Non hai decencia! Tampouco no BNG suicida, menos en CxG que son 'regionalistas bien entendidos' e que non devolven o levado (os que lle piden contas á familia do fascista Franco, calan e até aplauden ante Cuiña, amiguisimo do saído cacique Baltar), no PsoE os corruptos das portas xiratorias e da vella garda dereitista queren descabezar ao títere... Noxo de políticos vendidos! Votar nulo ou absterse, non merecen o apoio dos decentes! Que impaís!

9 Gamela

pois xa que a Xunta Electoral non o fai, nós ímolle dar voz a CxG http://www.noticiasvigo.es/compromi...

8 Antiordenadores do AGE

En que cousas perde o tempo o Confidencial gabendo asuntos tan curiosos como o apoio da marea á galegófoba e ultradereitista Rivera de la Cruz

1 Gamela

ao mellor gústache máis OK Diario, ou?

2 Desiderio

Galicia Confidencial está feito á medida... [coloquen aquí o que pensan, e ollo con Gamela, igual pide censura].

7 Marcelino del Val

CxG, el enigma de la politica gallega. Cómo sobreviven sin representación parlamentaria? Inauguran sedes nuevas, quien paga eso? Nuevas aplicaciones y página web...Paga Cuiña? Paga el PNV? No hay partido que aguante asi.

1 Sariña de Oia

Teñen 3 alcaldías e algún ca outro concelleiro, supoño que sacarán deles os cartos e dalgún afiliado máis. Chega para a campaña de baixo perfil que levan...