Temas: BILINGüISMO

“Fala galego, non sexas lelo”, a nova polémica de Galicia Bilingüe

A entidade que dirixe Gloria Lago critica á dirección dun centro educativo de Panxón e á Xunta por non retirar un cartel que convida aos nenos a falar en galego.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/09/2016 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Fala galego, non sexas lelo”. É un cartel que se atopa á entrada dun centro educativo en Panxón e tamén na web do centro. Foi o gañador do concurso de carteis do pasado Día das Letras Galegas e, desde entón, a súa función é tentar reivindicar a necesidade de que os nenos e nenas utilicen este idioma nunha zona onde está en fondo retroceso.

Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada
Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada

Sen embargo, a Galicia Bilingüe ese cartel non lle gusta, nin que fora o gañador do concurso das letras galegas, nin que se poida ver na entrada do centro. “Non é unha forma sensata e aceptable de promocionar unha lingua, nin de fomentar os valores de tolerancia e respecto que se lles pide aos profesores que inculquen aos seus alumnos”, asegura a súa presidenta, Gloria Lago, nun vídeo sobre este caso.

Galicia Bilingüe xa vai por dúas veces que pediu a súa retirada. Foi a raíz de que o pai dunha nena de Primaria acudira a esta entidade para pedir asesoramento e axuda xa que entende que é “discriminatorio” para os que teñen o español como lingua vehícular.

Por iso, e porque consideran que ese cartel xa non debe de ser retirado, Galicia Bilingüe presentou unha solicitude dirixida ao Inspector Xefe de Pontevedra, Manuel Torres Biscaia, que, polo momento, non obtivo resposta.

De feito, esta asociación critica que este sexa o mesmo inspector ao que lle denunciou “dous claros casos de adoctrinamiento nacionalista no ensino” sen que as súas queixas fosen atendidas e tendo que ir ao Valedor. Por iso, agarda non ter que acudir, novamente ao Valedor, no caso do cartel do centro de Panxón.


Temas: BILINGüISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

18 anonimo0657

Otro ejemplo de la autoconcedidad hiperlegitimidad moral de la izquierda y, como corolario, de su doble vara de medir. Muchos de sus miembros están para el psiquiátrico: no encuentro otra explicación al hecho de que les moleste que existan castellano-hablantes que nos expresemos en castellano.

17 Ray Velcoro

Polo mesmo motivo polo que chamarlle 'negro' a un negro non é o mesmo que chamarlle 'branco' a un branco, escribir 'fala galego, non sexas lelo' non é o mesmo que escribir 'habla castellano no seas mamón'

16 agetas da targeta

GB, Marta Rivera, EnMarea, Fernán Vello, Instituto Cervantes, nace unha historia de amor,

15 Hermerico

Hable bién. Sea patriota. No sea bárbaro. Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial, osea el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino. Arriba España.

14 Bos

Hagamos la prueba de la imparcialidad para los que son tan comprensivos con el cartel. ¿Que les parecería si pusiera? "Habla castellano, no seas lelo".

1 anonimo

En el vídeo ya ponen una comparación con "habla español no seas mamón" muy bien traída, por cierto.

2 Liberdade

A min pareceríame fatal, como galeguista que son.

3 Tic-tac, glory

Pareceríame moi sincero pola súa parte, no fondo é o que queren, extirpar o galego dos seus falantes

4 Fala galego...

Que non rima.