Temas: BILINGüISMO

“Fala galego, non sexas lelo”, a nova polémica de Galicia Bilingüe

A entidade que dirixe Gloria Lago critica á dirección dun centro educativo de Panxón e á Xunta por non retirar un cartel que convida aos nenos a falar en galego.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/09/2016 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Fala galego, non sexas lelo”. É un cartel que se atopa á entrada dun centro educativo en Panxón e tamén na web do centro. Foi o gañador do concurso de carteis do pasado Día das Letras Galegas e, desde entón, a súa función é tentar reivindicar a necesidade de que os nenos e nenas utilicen este idioma nunha zona onde está en fondo retroceso.

Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada
Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada

Sen embargo, a Galicia Bilingüe ese cartel non lle gusta, nin que fora o gañador do concurso das letras galegas, nin que se poida ver na entrada do centro. “Non é unha forma sensata e aceptable de promocionar unha lingua, nin de fomentar os valores de tolerancia e respecto que se lles pide aos profesores que inculquen aos seus alumnos”, asegura a súa presidenta, Gloria Lago, nun vídeo sobre este caso.

Galicia Bilingüe xa vai por dúas veces que pediu a súa retirada. Foi a raíz de que o pai dunha nena de Primaria acudira a esta entidade para pedir asesoramento e axuda xa que entende que é “discriminatorio” para os que teñen o español como lingua vehícular.

Por iso, e porque consideran que ese cartel xa non debe de ser retirado, Galicia Bilingüe presentou unha solicitude dirixida ao Inspector Xefe de Pontevedra, Manuel Torres Biscaia, que, polo momento, non obtivo resposta.

De feito, esta asociación critica que este sexa o mesmo inspector ao que lle denunciou “dous claros casos de adoctrinamiento nacionalista no ensino” sen que as súas queixas fosen atendidas e tendo que ir ao Valedor. Por iso, agarda non ter que acudir, novamente ao Valedor, no caso do cartel do centro de Panxón.


Temas: BILINGüISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

8 Gamela

Aínda que lle teñades moito amor a Gloria Lago a cousa vén sendo se o cartaz gañador do premio o merece ou desmerece por ser un chisco faltón (falamos de rapaces, por se alguén perdeu o norte!) Se LELO quere dicir : bobo, simple, necio, tonto, atontado, babieca, memo, mentecato, lila... a cousa non ten moita gracia entre rapaces. Digo eu que temos mellores medios para prestixiar o USO da lingua galega ? ou tampouco ? Xa sabedes o que penso sobre OS PAPANATAS LINGÜÍSTICOS , No Gracias! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

7 Tic-tac, glory

Mimá que vella vai Glory! Está botada a perder no video ese. Por certo, alguén viu algunha vez outro membro da "asociación" que non fose ela? Vaia tarada. Que ganiña de que perda a absoluta Feijoo e que a primeira vola disparen na fronte: decreto de inmersión total como primeira medida simbólica. Como imos gozar...

6 Ted Flanders

Galicia Bilinjue: tamén chamada "cola de espera del centro psiquiátrico" ningún dos seus membros ten desperdicio.......o mais listo econtrou unha neurona de miñoca hai anos e traballa con ela.....Todo un portento da bioloxía!!! Por cierto también podemos hablar castellano (a huevos claro!!!) English of course!! e si me animas até podo chapurrear xaponés...e todo no mesmo envoltorio.....sen traumas! cábeme todo na cachola....en son o mais torpe da familia!!! doado de entender...non si?

5 Galegus

Hay que ser salvajes. Es decir que si hablas castellano es que eres un borrico. O lo que es lo mismo, con dinero público se insulta a gran parte de la población gallega impunemente. Si en este país hubiera un mínimo de Justicia semejantes insultos y vejaciones implicarían la inmediata destitución del director del centro y su procesamiento por apología del odio hacia el castellano hablante.

1 teutonio

Hay que ser salvaje pra entender iso, fala galego non sexas lelo significa o que significa, non sexas lelo e atrévete a falar esta lingua. Agora que si queres ver isto como propaganda pra que os nenos abandonen o castelán e esquezan todo o aprendido de inglés xa é outra cousa...

4 Xusto

"Duas linguas, mesmos dereitos" reza o seu eslogan. Sigo esperando pola obligatoriedade legal de saber galego como a ten o español.