CESM Galicia reivindica un política de persoal "axeitada" e o "fortalecemento da relación médico-doente"

O sindicato médico CESM Galicia reivindica unha política de persoal "axeitada" e o "fortalecemento da relación médico-doente", así como permitir que o profesional xestione a súa axenda e "seleccione o momento máis axeitado para atender" as consultas telefónicas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2016 | Actualizada ás 11:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O sindicato médico CESM Galicia reivindica unha política de persoal "axeitada" e o "fortalecemento da relación médico-doente", así como permitir que o profesional xestione a súa axenda e "seleccione o momento máis axeitado para atender" as consultas telefónicas.

Así manifestouno o sindicato médico CESM Galicia nunha mesa celebrada o pasado xoves con representantes do PPdeG, PSdeG e BNG, encontro ao que tamén estaban convidados representantes de Ciudadanos e de En Marea, "pero estes dous grupos non tiveron a ben responder", segundo puntualizou.

Durante este encontro os representantes dos partidos políticos asistentes expuxeron os seus puntos de vista sobre o futuro da sanidade en Galicia e modelo polo que optan, responderon ás preguntas formuladas por afiliados de CESM e recibiron un documento elaborado polo sindicato titulado 'Carencias, abusos e outros', onde expón "o máis imprescindible a retomar polo goberno que salga das urnas o próximo 25".

Nese documento, recollido por Europa Press, CESM reclama unha "política axeitada" de persoal mediante a que se contrate "en condicións dignas", polo que avoga por "proscribir as contratacións por días" e "os contratos encadeados por meses que acaban durando anos".

Ademais, defende CESM Galicia a necesidade de "tempo" para o "fortalecemento da relación médico-doente"; así como unha "e-consulta para mellorar a relación entre niveis". "Para lograr rapidez no acceso, non para limitar o acceso ás consultas hospitalarias ou contabilizalas como primeira consulta", puntualiza o sindicato.

CAMBIOS

Entre os puntos reivindicados, reclama formación para persoal facultativo porque "é un dereito e un deber", así como que "se reformule ou elimine" a configuración das denominadas xerencias integradas (EOXI) porque "se a idea era mellorar a interacción entre primaria e hospital, a idea non funciona", segundo sostén CESM.

Así mesmo, reclama "bos directivos, avaliados con parámetros obxectivos, que inclúan a valoración por parte do persoal ao seu cargo e absolutamente apartados de criterios de amiguismo".

Finalmente, CESM Galicia tamén demanda o recoñecemento de esforzos. "Estamos fartos de que os políticos poñan as medallas que non lles correspondan ou presuman da súa xestión, cando é o esforzo dos profesionais o que mantén o sistema sanitario".

"Pediúsenos o esforzo e os profesionais cumprimos con creces. Hora é de que se nos recoñeza. Que se valore os profesionais, con algo máis que palmaditas nas costas", defenden, para concluír coa petición de que "se active a carreira profesional". "Que se devolva o que nos quitou. A cada un, o seu", sentencia CESM Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta