Os animalistas consolídanse como a sexta forza galega

O Pacma duplica os seus votos con respecto aos comicios do 2012. Crece especialmente nas cidades.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Partido Animalista contra o Maltrato Animal (Pacma), consolídase xa como a sexta forza en Galicia. O Pacma obtivo nas eleccións do 25 de setembro case 15.000 papeletas, 7.000 máis que hai catro anos, e o 1,04% dos votos.

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Especialmente significativa é o aumento de apoio a este partido nas cidades galegas. Así, en Vigo chegou a case o 1,7% dos votos e 2.400 papeletas, ou na Coruña ao 1,3% e 1.600 votos.

Con todo, a formación animalista baixou con respecto aos pasados comicios xerais do 25 de xuño onde sacou algo máis de 16.600 papeletas, 3.000 máis que nas eleccións do pasado decembro e alcanzou en torno ao 1,1% dos sufraxios.

De feito, neses últimos comicios xerais e en cidades como en Vigo, o Pacma estivo moi preto do BNG. Nesta urbe obtivo case 2.400 votos –os mesmos que agora-- e o 1,43% de porcentaxe, fronte aos  3.300 do BNG que obtivo entón unha porcentaxe dun 1,97%. Unha situación diferente a destas eleccións do 25S, onde o BNG subiu aos 9.500 votos e o 6,4%  nesta cidade.

Con todo, o Pacma situouse en apoio electoral moi por riba doutros partidos como Democracia Ourensana ( 7.670 votos), Compromiso Por Galicia ( 4.030 votos) ou Gañemos (2.400 votos).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 M.Luisa de Ceano-Vivas Hdez.

Gracias por este articulo