Pablo Carpintero e Lidia Nieves gañan o Certame de Artesanía Antonio Fraguas da Diputación coruñesa

A reprodución da gaita de fole dunha Cantiga de Santa María de Pablo Carpintero, na categoría de tradicional, e unha peza de xoiaría de Lidia Nieves, na rama de contemporáneo, foron as obras gañadoras do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas, que convoca a Deputación da Coruña.

A CORUÑA | 29/09/2016 | Actualizada ás 19:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A reprodución da gaita de fole dunha Cantiga de Santa María de Pablo Carpintero, na categoría de tradicional, e unha peza de xoiaría de Lidia Nieves, na rama de contemporáneo, foron as obras gañadoras do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas, que convoca a Deputación da Coruña.

Segundo informa a institución provincial, na modalidade de artesanía tradicional, premiouse o traballo de Pablo Carpintero, cunha ampla traxectoria na investigación e reprodución de instrumentos tradicionais galegos. O xurado valorou o seu traballo de investigación que precede á elaboración dunha gaita recuperada a través de referencias gráficas.

En canto á categoría de artesanía contemporánea, o xurado decidiu escoller como gañadora a peza titulada 'Xoguete', de Lidia Nieves Domínguez. O xurado valorou da peza, un anel cunha parte circular plana e oscilante coa imaxe dun navío que evoca o xogo de colocar dúas pequenas bolsas en senllos buratos, a combinación dun discurso "orixinal" cunha execución técnica "moi ben realizada".

As obras de ambos os dous foron escollidas entre as 74 seleccionadas do total de 137 presentadas ao XI Certamende Artesanía "Antonio Fraguas, segundo explica a institución provincial sobre a convocatoria deste premio.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta