Homenaxean a Camilo Nogueira no seu 80 aniversario

No acto participarán os catro voceiros da Cámara galega; X. F. Leiceaga, Ana Pontón, Pedro Puy e Luis Villares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Camilo Nogueira, ex deputado galego, ex eurodeputado e líder de Esquerda Galega será homenaxeado polo seu 80 aniversario. Unha homenaxe que terá lugar o 11 de novembro, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela e estará conducido pola xornalista Fernanda Tabarés, Manuel Rivas e Suso de Toro.

Camilo Nogueira
Camilo Nogueira | Fonte: Xerais

Actuarán Uxía e os grupo "Tundal" e "Pardal na rúa". Entre outros, falarán tres mulleres que teñen relación con algúns momentos da súa vida pública: Pencha Santasmarinas, Ana Gandón e Ana Miranda. E tamén os portavoces dos grupos políticos presentes no Parlamento: X. F. Leiceaga, Ana Pontón, Pedro Puy e Luis Villares.

A Comisión Promotara desta homenaxe xa ten unha páxina na rede social de FB na que informa da mesma e do homenaxeado. “Camilo Nogueira Román, Camilo, é un patrimonio deste noso país e fillo das súas mellores tradicións. Enraizado pola súa orixe familiar no galeguismo republicano vigués encarna tamén as novas xeracións que retoman e refundan o nacionalismo galego desde a esquerda nos anos sesenta e setenta”, apunta.

“En Camilo vemos un home eu político construtor do presente de autogoberno e benestar. Unha figura da nación que encarna pensamento crítico, tolerancia, diálogo, apertura sempre ao tempo que nos toca vivir e tamén unha firmeza nas conviccións que atravesa toda unha vida fecunda”, engade.

Intensa actividade política e sindical

Nogueira formou iniciou a súa actividade política e sindical en Galicia Socialista, un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa Unión do Povo Galego en 1971. Participou na fundación da Asemblea Nacional Popular Galega-Tamén estivo implicado na creación do Partido Obreiro Galego (POG) en 1977, do que é un dos seus líderes, e que logo se refundou como Esquerda Galega (1980), un partido nacionalista de esquerdas que chegou a conseguir un deputado nas Eleccións Autonómicas de 1981 (as primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia). Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Esquerda Galega fusionouse co Partido Socialista Galego e ambos acabarían integrándose no Bloque Nacionalista Galego co nome de Unidade Galega en 1995. Ademais foi deputado no Parlamento galego nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no período 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no Parlamento Europeo (1999-2004).

Os organizadores do acto suliñan que para colaborar e recibir un libro de homenaxe é preciso aboar 20 euros na conta: Ingreso de 20 euros na conta: ES34 2100 2186 9102 0038 7825 (CaixaBank) Indicando o seguinte: Concepto: Homenaxe a Camilo Nogueira Persoa que se inscribe: Nome, Apelidos, Localidade e Correo persoal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

9 Gamela

Para "homenaxes" estamos ... o próximo sarao poderían adicarllo á figura de Paco Rodríguez (Galeuscat) ! Non estamos nas institucións para tomar canapés senon para traballar pola xente ! http://auditoriaciudadanamunicipal....

8 Eu mesmo

Canto miserable comentado. Non tedes nada mellor que facer???

1 Desiderio

Mellor aplaudir ós trepadores (estamos ante o maior saltimbanqui, manipulador e aproveitado da política galega), felicitar ós caraduras que moito falan de esquerda pero enchen o peto coas mañas da dereita sen escrúpulos? É dos "nosos", se mexa por nós digamos que chove! O silencio, imposto ou autocensurado, faranos máis libres!

7 Anticaciques

Con este noxento acto o Camilo xa queda totalmente descualificado. Empezando pola xornalista Fernanda, autora dunha das máis lamentables e peloteras entrevistas televisivas que se lembran a un político como este ou calquera outro; e seguindo polo Puy Fraga e demais profesionais do peloteo. Agora a gozar da SICAV, como bon home de esquerdas

6 Un que sabe do que fala

Eu non vou entrar en cuestións de legalidades nin esas historias. Está claro que un home ou muller de esquerdas "de verdade" non pode entrar no xogo da dereita sexa liberal os casposa.. Eu podo falar do Camilo presuntuoso, soberbio e arrogante. Traballamos nas mesmas trincheiras.Foi o responsable da defenestración de Unidade Galega (POGA-PG-PSG), Impuxo o seu candidato Merino, como alcalde da Coruña, cargándose a Fortes que debia ser o alcalde de Pontevedra. Logo, as sáus mañas e o seu egocentrismo fixeron que UG se disolvera como un azucarillo nas sáus máns. Fíxose co control total; nas aseguintes eleccións desapareceu como coalición. El quedouse co nome e o trisquel. O nacionalismo non lle debe nada. Máis ben lle tería que pedir contas. Hoxe fanlle unha homenaxa algúns dos que se comportaron dentro do nacionalismo como fixo el. Hai moitas sombras na vida de Camilo Nogueira..

1 Manolo de Loureiro

Non tes nin idea do que falas. O Fortes non tiña votos dabondo para ser alcalde de Pontevedra. A dereita sumaba e sumou maioría absoluta nas primeiras eleccións democráticas.

5 Amigos para siempre

De 54 eurodeputados do Estado Español houbo 39 que chuparon da Sicav. Entre eles Camilo Nogueira Román, coloquen azucre e traguen! Non todos, só os que voluntariamente quixeron, os máis golosos. Non hai desculpa posible para quen se proclaman de esquerdas. Nin para o BNG que calou ante tal despropósito. Non hai como lavar o pasado de Camilo Nogueira. Non hai tampouco vontade nos partidos para limpar de ratas a política alternativa. E aínda se rasgan as vestiduras cando pasamos de votar por impostores. Moito predicar fóra e a casa propia sen limpar!