A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón

Posto que tivemos moitas peticións ao respecto, tamén vos enviamos un enlace onde podedes ver a entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón no programa Foro Aberto, o substituto de 'Hai Debate', e no que o entrevistador entra a discutir co seu entrevistado emitindo opinións persoais incumprindo certas normas básicas dunha entrevista. Podes velo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 113 comentarios

83 anónimo

Clariño, ti es un deses fanaticos que simpatiza cos ultras de GB, non enganades a ninguén porque cheirades a rancio que apesta.

82 Clariño

Certamente, pero en Galicia, a Cruña e Vigo xunto coas súas áreas de influencia, nas que por exemplo se perdeu a transmisión interxeracional do galego, agrupan ao 50% da poboación, e a poboación na que están as súas élites económicas, sociais, culturais, en resumo, as de maior prestixio social.

Dis tamén: "O problema esta en que esa xente ten que entender que os seus fillos deben saber castelan e galego o rematar a escola".

Aí esta o problema. Ti non podes facer que alguén queira, sinta amor polo que non quere, ou que teña como elementos identitarios nomes que non recoñece como seus (caso do famoso A Coruña); ti non podes facer que alguén queira ou sinta afecto a traverso dun decreto publicado nun diario oficial, que até as familias reais parece que suprimen os matrimonios de conveniencia e os trocan por matrimonios nos que ambos membros da parella quérense.

¿Cómo facer que a xente aprecie e sinta como propio o galego sen xerar rexeitamento? Nos últimos catro anos, non lembro onde lin que un estudo da Mesa poñía de manifesto que se perderan falantes malia as políticas (ou polas políticas) de promoción do galego. E precisamente nas cidades, onde os pais, de vintepoucos e trintaepoucos anos deberon recibir ensino en galego.

Pero non so nas cidades que son motores económicos de Galicia se rexeita o galego. Hai unha diferencia sexista no uso que aínda non entendo moi ben. Ti vas a un pobo e ves como os rapaces falan galego; no caso das rapazas, non digo que non o fagan, pero a experiencia dime que falan mais castelán que os homes, e que empeza un rapaz a falar galego con elas, e elas seguen a falar en castelán.

Os de GB son unha minoría, non tan minoritaria como o BNG pero unha minoría que fai moito ruido, e tan crispados como un veciño de por aquí arriba que se atopaba nun lamentable estado de "exasperación axitativa" :-)

Entre un estremo e outro penso que haberá unha solución de compromiso precisamente para facer que a xente queira e aprecie o galego. Se ti recoñeces que o bilingüismo armónico non se cumpría nin o 30% das materias en galego, ¿como pretendeu o bipartito, de repente, meter "aló menos" o 50% das materias en galego? Eso podes facelo en lugares onde non hai rexeitamento do galego, pero onde o hai, ti non podes "impor" (non me gusta o termo que precisamente os de GB desgastáronno, pero o certo é que na rúa úsase) unha lingua, porque oposte a grupos sociais que non son xanciños, bates frontalmente coas élites sociais que teñen poder económico e mediático para que as medidas teñan un efecto boomerang. Ao mellor a solución sería non ser tam ambiciosos, esixir nun primeiro ano -facendo se fose preciso que a inspección abrise expedientes- que se usase o galego nese escaso 30%, e paulatinamente, cada 3 ou cinco anos, engadir unha materia mais até chegar ao 50 % de ensino en galego e 50 % de ensino en castelán, sen pasar esa fronteira, porque coñezo casos de rapaces de pobos que sempre falaron en galego e non se atreven a falar en castelán. Sacan unhas notas pésimas en lingua española porque misturan o galego co castelán nos exames. Cando os profes chaman aos pais, estes dinlles que claro, que o castelán vailles costar moito traballo, que nunca o falaron, que non se atreven a falalo porque falan castrapo e os compañeiros rinse deles, etc. Para min, a solución está nun 50-50, pero pouco a pouco. Nas cidades haberá que meter o galego pouco a pouco, e nos pobos onde o galego e maioritario, e como dicía unha amiga miña era profesora de "lingua estranxeira 2", haberá que adoptar políticas para que tamén eses rapaces acaben os seus estudos con destrezas dabondo tamén en castelán.

81 Miguel

Despois de ver a "entrevista" sinto vergoña allea. Eu levantaria-me da mesa tan só coa primeira pergunta sobre o aborto. Este señor si que é un aborto de xornalista. CERO de xornalista e CERO en ética. Actua coma un mafioso contratado por alguén que pretende extorsionar. ISO NON É UNHA ENTREVISTA. Mais é un interrogatório completamente DEMENCIAL.

80 cidadan kane

E a Galicia rural e o 66% de Galicia, e a urbana o 35%. E Galicia e algo mais que a opinion dunha nai na libreria dos salesianos da Corunha Clarinho. Galicia e algo mais que os 36km cadrados da Corunha.

79 cidadan kane

Por suposto Clarinho. Se non houbese problemas co galego non estariamos falando disto.
E os problemas estan en parte dos pais de A Corunha Ferrol e Vigo. Verdade.
O problema esta en que nestas cidades o galego na escola sempre foi testimonial. Non se cumpria nen o 70%-30% (galego, lingua galega e duas marias) que era o bilinguismo armonico fraguiano.
O problema esta en que esa xente ten que entender que os seus fillos deben saber castelan e galego o rematar a escola. Deben de saber as duas linguas oficiais da sua comunidade, de tal xeito ademais que nin sepan en que lingua lles dan as matematicas e lles de igual.
O problema e de informacion os pais, sobre todo nos centros conflitivos. E de formacion do profesorado obviamente. (precisamente coa nova lei de funcion publica onde cun cursinho ya esta arreglado lo del gallego pois imos de cu e costa arriba)...
Pode un neno galego con 16 anos rematar a escola e non saber falar galego e castelan?.
GB di que si se asi o quere, o contrario para GB e unha imposicion.
Asi pensa medio PP no goberno.
E hai mais galegos a favor do decreto 50% duas linguas, que a favor de GB , que salvo os amigos coperos de sempre todos consideran unha asociacion de desfasados.

A primeiros dos 80 aprobase o galego na escola. Tres clases semanais. (onde estaba GB daquela, dando clases?). Unha APA dunha escola corta a carretera de Noia cunha pancarta. Protestaban polo galego no ensino. A nova recorre toda espanha, os pais de Rois, que case non sabian falar castelan estaban en contra de tres clases semanais de galego para os seus fillos. Que pasa, nuestros hijos son tontos o que?, que se creen que no entienden el castellano?, queremos todas las asignaturas en castellano. (todo isto sae na prensa, radios e TV, os pais falando un castrapo do rural). Que habia que facer?, 100% en castelan para os nenos de Rois coma fora toda a vida?.
Ou habia que educar os pais deses fillos que desprezaban profundamente a unica lengua que falaban e que consideraban un dialecto inutil?.
Pois se na corunha , vigo e Ferrol hai problemas, hai que facer unha labor de comunicacion con eses pais, porque desprezan unha das linguas oficiais deste pais, nesas cidades e onde hai mais diglosia. Na Corunha culturalmente neste sentido parece que estamos nos anos 60.
E se Feijoo cre que esta autorizado polos votos a facer o que queira. Onde estaba la voz de galicia que lle dicia a tourinho que 38 deputados non eran suficientes para determinadas decisions?, porque non llo din agora a Feijoo, que ten 38 e 5000 votos menos que PSOE e BNG?.