VIGO | 21/10/2016 | Actualizada ás 18:38 por EUROPA PRESS
O coñecido como 'dinoseto' de Vigo, unha sebe ornamental con forma de dinosauro instalado na Porta do Sol, xa ten a súa cría, despois dun ano de espera e tras a eclosión do ovo, presenciada polo alcalde da cidade, Abel Caballero, por xornalistas, turistas e multitude de curiosos.
A mediodía deste venres tiña lugar "un evento moi esperado" polos vigueses, segundo sinalou o propio rexedor, que foi o nacemento de "dinosetito". Así, a nova sebe ornamental quedará instalada xunto á súa 'nai' en pleno centro de Vigo.
Caballero, quen asegurou que este peculiar nacemento fará que a cidade dea "a volta ao mundo", tamén confirmou que hai "moita demanda" para instalar elementos ornamentais como estes por toda a cidade. De feito, no seu día anunciou que o barrio de Navia tería o seu propio 'triceratops' vexetal.
"Temos moita demanda e imos satisfacela", garantiu o alcalde, que mesmo avanzou que chegaron peticións de centros educativos relevantes para contar cun 'dinoseto'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.