Galaxia edita un libro para explicar aos máis pequenos a tradición de 'O noso Samaín'

A editorial Galaxia sacou á venda o álbum ilustrado 'O noso Samaín', de Loretta Birott, para explicar aos máis pequenos a tradición galega do Samaín en contraposición coa celebración do Halloween.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2016 | Actualizada ás 12:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A editorial Galaxia sacou á venda o álbum ilustrado 'O noso Samaín', de Loretta Birott, para explicar aos máis pequenos a tradición galega do Samaín en contraposición coa celebración do Halloween.

O libro, ilustrado por Nuria Valdeón, traslada aos nenos a tradición galega vinculada co nacemento do outono e as crenzas "milenarias" que sustentan a tradición do Samaín.

Para a autora e a editorial é "crucial" que os máis pequenos saiban que a tradición de contacto entre vivos e mortos "é tamén galega", que se coñece como Samaín e que "se celebra en Galicia dende sempre".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta