Popular afirma que xa fixo "todo o esforzo que podía facer" na redución do ERE

O conselleiro delegado de Banco Popular, Pedro Larena, sinalou este venres que a entidade xa realizou "todo o esforzo" que podería facer á hora de axustar o plan de reestruturación de oficinas e empregados que leva a cabo, e apuntou que as condicións que ofreceron aos traballadores que se verán afectados son "razoables e xenerosas".

Santiago de Compostela | 28/10/2016 | Actualizada ás 12:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado de Banco Popular, Pedro Larena, sinalou este venres que a entidade xa realizou "todo o esforzo" que podería facer á hora de axustar o plan de reestruturación de oficinas e empregados que leva a cabo, e apuntou que as condicións que ofreceron aos traballadores que se verán afectados son "razoables e xenerosas".

"Estimo que fixemos xa todo o esforzo que podemos facer tanto en condicións, onde o que ofrecemos é razoable e xeneroso, como no peche de oficinas e nas categorías que podemos aplicar o ERE sen facer dano", explicou Larena en rolda de prensa de presentación de resultados.

A entidade está inmersa nun proceso de reestruturación que afectará 2.592 persoas e que suporá o peche dunhas 300 oficinas. Estaba previsto que nun principio saísen da entidade uns 2.900 traballadores, unha cifra que se reduciu un 10% froito das negociacións cos sindicatos.

O BANCO "COIDA DA SÚA XENTE"

Larena indicou que está previsto que as conversacións cos sindicatos conclúan a semana que vén e engadiu que as negociacións "van ben". "Os sindicatos cumpren as súas funcións e nós estamos a facer un esforzo para achegar posicións", apostilou.

O directivo manifestou que a entidade está a facer "todo o posible" polos empregados que abandonarán o banco neste proceso de axuste e insistiu en que a entidade "coida da súa xente". "Non estamos a pensar en amolar a ningún grupo de empregados", agregou.

No que vai de ano, o banco pechou unhas 60 oficinas con rendibilidade negativa e abriu outras 20 en zonas onde hai un maior potencial de negocio. Ata o momento, 231 persoas abandonaron a entidade, a maioría deles con acordos de prexubilación, segundo explicou o director financeiro da entidade, Javier Moreno.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta