A maldita lei Beckam

Maldita a miña ignorancia que descoñecía que existía unha "Lei Beckham", unha lei que permite que estos galácticos multimillonarios pasen polo forro aquel slogan de "Hacienda somos todos" co que o Estado trataba de facernos entender que levantar o País era cousa de todos en función das posibilidades de cada quen...

Por Serafín Martínez | Galicia | 14/11/2009

Comparte esta noticia

Tampouco quero entrar nas guerras políticas que se traen agora as Salgados ou os Montoros, e a utilización partidista que se poda facer deste asunto; pero coincidirán comigo, que na actual coxuntura económica que se vive é como para reflexionar e darlle unha voltiña a esta Lei. Pídesenos, día tras día, que nos amarremos o cinto, arrimemos todos o hombreiro. Pero o número de parados supera xa os 5 000 000 e non termino de entender que estes 'fieras' do balompé dispoñan duns privilexios que ós demais contribuíntes se nos negan.

None

Desde pequenos dínnos que se as cousas che van ben no traballo debes contribuír, maiormente, á construción de estradas, hospitais, universidades ou no pago das pensións; e vendo a situación tan delicada que atravesamos, amola saber que estes futbolistas, contratados a golpe de talón, con cifras mareantes, pagan menos ca nós á hora de devolverlle o Estado.

Tamén non me quero imaxinar a cara que lle quedaría ás figuras nacionais (Raúl, Casillas, Xavi...) cando saliu esta Lei, sabendo que os seus compañeiros de vestiario, con nóminas parecidas, contribuen moitísimo menos ca eles.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Martínez Acevedo Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.