Temas: EN MAREA

En Marea mudará o seu logo despois do requirimento de Mahou

En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa.

Por GcToday | Santiago de Compostela | 06/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A empresa Mahou-San Miguel enviou unha misiva á formación galega na que argumentaba que “Es obvia la confusión que se ha generado entre la imagen gráfica de su formación política y la imagen identificativa de Mahou San Miguel y de la Fundación Mahou”.

Logotipo de En Marea inspirado en Estrella Galicia
Logotipo de En Marea inspirado en Estrella Galicia | Fonte: tempos galegos

A formación que lidera Luis Villares aínda non comunicou oficialmente ningunha postura pero fontes confidenciais consultadas polo noso xornal indican que “nun principio estabamos dispostos a resarcilos cambiando o noso nome. Pasaríamos así a ser ‘En Mahourea’ pero a idea non callou”. Segundo comentan estiveron valorando moitas posibilidades e, ao final decidiron cambiar o logo de En Marea xa que, segundo indicaron, “Non queremos que ninguén se confunda e vaia a pensar que Mahou non é unha cervexa”, indican.

As mesmas fontes indicaron que a nova marca corporativa do partido instrumental será completamnete orixinal e “non terá nada que ver con ningunha cervexa española”.

Grazas ao traballo de investigación dos nosos reporteiros podemos avanzar, en exclusiva, o novo logo que utilizará En Marea e que será estrenado no debate de investidura de Feijoo na primeira quincena de novembro.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sarto

Tenho claro. Voume aproveitar do nome de "Partido Instrumental" para formar cos meus compis un grupo de rock urbano da terra chá. Por exemplo, nos cartaces das festas da minha parroquia ponher, aproveitándome do tirón do nome: Hoxe, na sesión vermouth, para todos vostedes, estará amenizada polo grupo de rock urbano da Terra Chá, os grandísimos Partido Instrumental!