Independentes estudan impulsar candidaturas conxuntas en Lugo para as municipais de 2019

Os calcaldes de Chantada, Monterroso e Becerreá coincidirían en impulsar estas listas independentes.

Por E.P. | LUGO | 14/11/2016 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O alcalde de Chantada (Lugo), Manuel Varela -Independentes das Terras de Asma (INTA)-, afirmou este luns que se "estudará" a proposta de impulsar candidaturas independentes na provincia de Lugo de cara ás municipais de 2019.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá | Fonte: youtube.com

Unha posiblidad que deixou aberta a pasada semana o exalcalde de Monterroso, Jesús Otero, que concurrío baixo esa mesma candidatura (INTA) o pasado ano e que conseguiu unha folgada maioría no devandito concello, aínda que a comezos deste mes se viu obrigado a deixar a alcaldía para cumprir unha sentenza de inhabilitación dun ano a raíz dunha operación sobre retirada irregular de multas de tráfico cando era subdelegado do goberno na etapa do PSOE de Zapatero.

"O das candidaturas independentes non nos colle por sorpresa, levamos dende 2012 e esta é a segunda lexislatura", asegurou o rexedor chantadino. "Se hai xente que se anima habería que falalo e velo e ver qué posibilidades de éxito pode ter como tivemos aquí en Chantada e en Monterroso. Sería cuestión de estudalo", manifestou.

Un dos alcaldes que se baralla incorporar a esta candidatura é o de Becerreá (Lugo), Manuel Martínez, apartado do grupo socialista na Deputación lucense e que se atopa suspendido "cautelarmente" de militancia no PSOE.

Varela confesou que a relación con Martínez lle vén "dende neno", e así suliñou que "se está decidido a seguir por este camiño non habería problema ningún en presentar candidatura" independente nese Concello da bisbarra da Montaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta