O enxeñeiro da UVigo Fernando Aguado, novo membro da Academia Internacional de Astronáutica

O enxeñeiro e investigador da Universidade de Vigo (UVigo) Fernando Augado, foi nomeado novo membro de Academia Internacional de Astronáutica (IAA, en inglés), un "foro de referencia mundial do espazo" que conta entre os seus membros con directores das axencias espaciais (NASA, ESA...), astronautas, presidentes das principais industrias e investigadores.

VIGO | 14/11/2016 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O enxeñeiro e investigador da Universidade de Vigo (UVigo) Fernando Augado, foi nomeado novo membro de Academia Internacional de Astronáutica (IAA, en inglés), un "foro de referencia mundial do espazo" que conta entre os seus membros con directores das axencias espaciais (NASA, ESA...), astronautas, presidentes das principais industrias e investigadores.

Segundo informou a Universidade de Vigo, a través do seu diario dixital, a IAA ten máis de 1.200 membros de 75 países -dos que só 12 son españois- e traballa na promoción da cooperación científica internacional e o desenvolvemento de estudios e informes estratéxicos en distintos ámbitos, como a exploración e o asentamento no espazo.

Augado formará parte da sección das Ciencias da Enxeñaría da Academia e actualmente colabora activamente nas actividades da Academia a través das comisións de tecnoloxía espacial, onde participa no desenvolvemento de sistemas e na definición de misións para pequenos satélites.

Neste marco, a súa intención é achegar á Academia a súa experiencia acumulada nos últimos anos en pequenos satélites. "As grandes axencias están a incorporalos non só como demostradores tecnolóxicos, senón como ferramentas moi interesantes en misións interplanetarias", dixo, recordando a misión AIDA de defensa ante a colisión dun asteroide, na que participa a UVigo.

"Este nomeamento é unha gran honra e recoñece o traballo colectivo que se desenvolve dende o ano 2007 na Universidade de Vigo", destacou o enxeñeiro, quen, en concreto, foi proposto polo secretario xeral da Academia, Jean Michel Contant, e o profesor da Universidade da Sapienza de Roma Filippo Grazzianni.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta