Catro persoas feridas leves como resultado de dous accidentes en Boiro

Así o informou o Consorcio Provincial contraincendios e Salvamento.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/05/2025 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Un total de catro persoas resultaron feridas leves en senllos accidentes de tráfico en Boiro, segundo informa o Consorcio Provincial contraincendios e Salvamento. Sobre as 14.12 horas, o parque provincial de Boiro recibiu un aviso do 112 por un accidente de tráfico por alcance na rúa Principal do citado concello.

Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que as tres persoas que resultaron feridas leves xa se atopaban atendidas por persoal da ambulancia do 061 e foron trasladadas ao hospital de Barbanza. Os bombeiros procederon á limpeza da estrada. Tamén interviron Protección Civil e Policía Local.

Por outra banda, o parque provincial de Boiro acudiu a un segundo aviso do 112 ás 14.42 horas por un sinistro entre dous coches na rotonda de Cimadevila, neste concello. No choque, resultou ferida leve unha persoa, que rexeitou o traslado a un centro sanitario. A intervención dos bombeiros consistiu en mover un dos vehículos, que obstaculizaba a circulación, xa que non foi necesario facer limpeza da estrada. Completou o servizo Garda Civil e Policía Local.

Ambulancias do 061
Ambulancias do 061 | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta