Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2025 | Actualizada ás 18:18
Unha semana despois do histórico apagamento masivo, os cortes de luz seguen afectando a Ourense. Tras os sucedidos durante a xornada do venres, que afectaron principalmente o barrio da Ponte durante máis de dúas horas, este luns volvéronse a suceder problemas na subministración eléctrica en diferentes puntos da cidade e de Barbadás.
Durante a madrugada tivo lugar unha avaría nunha liña de media tensión de Barbadás, que afectou a preto de 500 usuarios, nun lapso de tempo de entre 51 e 83 minutos, afectando principalmente as rúas de Santa Bárbara e Camelias da capital. Xa de mañá, un novo apagamento volveu afectar a veciños da cidade, neste caso debido a unha incidencia nun xerador, que impactou na subministración eléctrica das rúas de Santo Cristo e Ponte Sevilla, da zona de Mariñamansa, segundo fontes de Naturgy
Ambas as incidencias están xa resoltas desde a mañá, pero os sucesivos cortes que acontecen na cidade desde que tivo lugar o apagamento masivo concernen á poboación ourensá, despois de ter a puntos da Capital Termal sen luz durante dúas horas o venres e durante máis dunha hora este luns. Estes cortes non afectaron unicamente a Ourense, xa que este mesmo luns rexistráronse apagamentos na subministración eléctrica de Vigo, en zonas de Gran Vía, García Barbón e Malpica, e tamén na Coruña, onde se rexistraron cortes de luz na Praza de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.