A Xunta destinará parte do crecemento dos orzamentos do 2017 a pagarlle aos funcionarios

As contas públicas do vindeiro ano crecerán un 2,9% respecto ao 2016 e superarán os 9.000 millóns de euros. Haberá 259 millóns máis para gastar e este ano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/11/2016 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Goberno da Xunta presentou xa o seu teito de gasto das contas públicas para o 2017. Haberá un incremento dun 2,9% con respecto ao 2016. En total, 9.063 millóns de euros, 259 máis que este ano. E boa parte deses cartos servirán para pagar as pagas extras suprimidas dos funcionarios públicos.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta | Fonte: Xunta

Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Ese diñeiro de máis servirá para repoñer totalmente o salario dos funcionarios”, suliñou ao precisar que a partir do 1 de xaneiro de 2017 os funcionarios recuperarán o seu nivel salarial.

Foi o principal anuncio dunhas contas que xa foran debulladas, en parte, en setembro pasado, aínda que houbo retoques con respecto a hai dous meses. Así, a previsión de crecemento para o vindeiro ano será dun 2,4%, unha décima máis que en setembro. A Xunta tamén estima que o paro baixará dous puntos con respecto a 2016, para situarse no 15,6%. 

A maior parte do orzamento galego virá dos ingresos non financieiros. En total, 8.748 millóns de euros. O resto, 298 serán polo cumprimento do obxectivo de déficit e os 17 millóns restantes de axustes na contabilidade española. 

“Luces tortuosas”

“Galicia non se deixou cegar por luces tortuosas e agora vemos unha luz máis potente”, dixo o presidente galgo que destacou que estas contas destacan pola “estabilidade e a prudencia”. “Somos un goberno previsible e estable porque o noso obxectivo é o benestar dos galegos e só se consigue isto facendo o que prometemos”, engadiu.

Por iso, Feijóo presumiu dunhas contas que “cumpren o déficit público” e que son mellor que a media das autonomías do Estado. Ademais, superan os 9.000 millóns de anos, logo de varios anos de retrocesos. 

Exames do funcionariado

Por outra banda, o presidente da Xunta dixo descoñecer a paralización e o atraso de moitos das oposicións aos corpos oficiais da Xunta, tal e como este mércores denunciou CIG-Administración. "Non estou ao tanto de existencia de paralización destes procesos e se hai algún atasco pode ser pola execución material dos mesmos", limitouse a responder ao ser preguntado por GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 hasta os collons coa xunta

Os que levamos mais de 25 anos traballando en esto sabemos o que hay, o de fóra so ve o que quere ou o que lle interesa que vexan. Hay moito esforzo e traballo, soldos esquilamados, e xent que medra pra postos de confianza polo que sexa, a xunta non lle gustan os funcionarios publicos, inamovibles por eles, independientes do poder politico e que cumplen a ley e se deben ao público . O seu é denigrarles ante a opinion publica pra deixar cair que cunha privatización todo iria mellor e custaria menos, e nomear sustitutos, interinos, reforzos, libre designacion, consolidación de prazas ,comisions de servizo. todos debendo o posto pagando co voto e coa lingua. Coñecémonos todos e quen queira ser enganado que sexa.

7 Failde

Repiten moito por aquí o de convocatorias publicas, abertas e bla, bla, bla... cando todos sabemos que unha boa parte de funcionarios foron enchufados (para determinados postos, épocas e localidades TODOS). Conceptos como a produtividade non se consideran aquí (exemplo: na sanidade británica o médico ten un complemento segundo evolución dos pacientes), postos vitalicios sen control (pode haber parados con máis capacidades, méritos e gañas, o que está dentro non sae, quen perden pola baixa calidade dos servizos somos os cidadáns: os alunos, os doentes, os usuarios), ninguén fala das inspeccións (un paripé de mentira), nin dos axustes da empresa privada nin dos recortes aos becarios, parados, dependentes... Hai clases, e os sindicatos clasistas son os encubridores xunto cos políticos (en boa medida funcionarios).

6 lendoiro

Pois ao menda cun soldo de mil e algo, co recorte das extras nos últimos 4 anos rouboume sobre 5000 euros. así que hai moito que recuperar. Por outra banda as prazas de funcionario e laboral están abertas a todo o mundo.

5 Lois

Como sempre, o PP servindo aos que máis e mellores condicións teñen: os funcionarios públicos da Xunta, que como todo o mundo sabe, gañan pouco, traballan moito e teñen horarios imposibles de conciliar coa vida familiar.

4 vpsy

Foi unha medida estupenda e a conta diso salvou as lexislaturas , a conta dos cartos que nunca pagan. Eso é economizar , pero non medrar, pero diso si entende.