Impulsan un concurso de vídeos Youtubeir@s para promocionar o galego

A iniciativa parte dos servizos de normalización lingüística de 11 concellos e das tres universidades.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/11/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

A moda dos youtubers tamén chega ao galego. Coa fin de potenciar a presenza do noso idioma en internet, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo e once concellos galegos organizan o I concurso de vídeos en internet ‘Youtubeir@s’. 

Un dos vídeos da yoububer Percebesygrelos
Un dos vídeos da yoububer Percebesygrelos

Esta iniciativa parte dos servizos de normalización lingüística dos concellos a Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; ademais das universidades galegas. 

O certame será presentado  este martes pola vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, e a coordinadora de Youtubeir@s, Mónica Fernández Valencia. Precisamente a presentación aos medios de comunicación estará precedida dunha reunión de traballo de representantes desas administracións para concretar liñas de actuación conxuntas para a promoción do galego e concienciar sobre a importancia das TIC á hora de revalorizar a lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mira que xa é casualidade, en Vigo temos outra Carmela Silva que seica non lle interesa o tema... pero aí vai o primeiro vídeo para o "concurso" https://youtu.be/qHt72MBd1Xw