Un niño de avespa velutina de case 20 quilos e máis dun metro de altura en Coirós

O apicultor Lolo Andrade retirou na noite deste venres no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de enormes dimensións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2016 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O apicultor Lolo Andrade retirou na noite deste venres no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso.

Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso
Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso | Fonte: CONTEXTOPLUS.

O avesporeiro asentárase nunha cerdeira contigua á casa dun veciño da localidade, a uns 8 metros de altura. Segundo Andrade, este é un dos niños máis grandes que retirou ata o momento e, segundo puido comprobar, no seu interior vivían varias avespas raíña.

"Ao retirar a colonia evitouse que as raíña deste favo formen novos avesporeiros a primavera que vén", indicou o experto, que lamentou que a poboación non sexa aínda "totalmente consciente do prexudicial que é está especie".

Dende o mes de maio, Andrade retirou preto de 50 niños de avespa asiática no municipio, labor que tamén desenvolve en Oza-Cesuras e outros municipios da área metropolitana de A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta