Temas: HUMOR

Durex lanzará un xel de pracer con sabor a churrasco

“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/12/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer.

Imaxe promocional do novo xel de churrasco de Durex
Imaxe promocional do novo xel de churrasco de Durex | Fonte: temposgalegos

Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla introducir novos sabores entre os que se atoparían o de churrasco, bocadillo de rabas de lura e pementos de padrón. Este último tería dúas variedades, picante e non picante. Así a empresa lanzará unha nova liña de xeles con sabores do mundo e, aos achegados polo noso país, sumaranse os de paella, escargots, polo con améndoas e burrito.

A multinacional tamén comunicou que non soamente se adicarán a innovar nos sabores tamén nas texturas e sensacións e xa están a traballar nun xel de ortiga que agardan chegue nos próximos meses para facer as delicias de todos os masoquistas do mundo.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta