A Xunta aumenta as licencias de máquinas de apostas

O Goberno de Feijóo permite aumentar as autorizacións para instalar máquinas de apostas en locais de hostalaría de 2.000 a 3.600.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde ao decreto que permitirá ampliar o número máximo de autorizacións de instalacións de máquinas de apostas en locais de hostalaría, de forma que se pase das 2.000 actuais a un total de 3.600.

Máquina de apostas deportivos nun bar
Máquina de apostas deportivos nun bar | Fonte: sectordeljuego.com

Esta ampliación materializarase en virtude das solicitudes de novas autorizacións que realicen as empresas interesadas.

A partir deste momento, este tipo de autorizacións só poderase solicitar de cen en cen e manterase o límite de que ningunha empresa poderá superar o número máximo de 600 autorizacións para a instalación de máquinas de apostas en locais de hostalaría.

A iniciativa, segundo explicou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, responde a unha demanda do sector.

Actualmente, as distintas empresas autorizadas para a comercialización e explotación de apostas en Galicia teñen en uso a práctica totalidade das súas autorizacións e demandan máis, xa que o mercado crece e o límite actual non resulta suficiente "para atender ás necesidades dos consumidores e usuarios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta