Adeus ao ano Manuel María

Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández clausuran este xoves un intenso ano adicado ao escritor chairego.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/12/2016 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Os actos de conmemoración de Manuel María, a quen este ano se lle adicou o Día das Letras Galegas, chegan ao seu fin. Este xoves día 15 ás 20 no Teatro Colón da Coruña clausurarase este intenso ano de actividades.

Manuel María fotografiado por Xurxo Lobato
Manuel María fotografiado por Xurxo Lobato | Fonte: DUVI

Será cun concerto, A música amorosa das palabras, no que os versos de Manuel María serán interpretados e musicados por tres grandes da música galega: Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

A Casa-Museo Manuel María e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos están detrás deste acto no que se repasará, a través de vinte pezas, a poética máis diversa de Manuel María, desde os poemas amorosos e máis íntimos até aqueles outros máis comprometidos coa defensa da lingua galega, pasando polos máis irónicos e mesmo polo canto emocionado á súa casa natal de Outeiro de Rei, hoxe convertida en Casa-Museo do escritor. Non faltarán tampouco as adaptacións de poemas, xa cancións emblemáticas, como “O carro” ou “Breve manual para deprender a señorito”.

“O concerto é o broche final a un ano intensísimo, ao tempo que un recoñecemento, por parte da Fundación Manuel María e a Casa-Museo Manuel María ás entidades culturais, veciñais ou deportivas, bibliotecas públicas, centros de ensino e profesorado, xente do teatro, grupos musicais, medios de comunicación e tantísimas persoas que contribuíron de forma decisiva para que a sociedade galega siga percibindo a Manuel María como un intérprete dos soños colectivos das galegas e galegos”, indican os organizadores nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta