Nace a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco para loitar contra unha planta de residuos

Denuncia que a planta da Furoca “supón unha grave ameaza aos núcleos habitados na parroquia” pola contaminación de acuíferos.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 20/12/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Aló por 2013, o entón alcalde popular Antonio Pensado daba a licencia provisional á empresa “Gestión Maracaná Galicia, SL (GESMAGA) para a construción dunha planta de almacenamento e valorización de residuos industrias, situada no lugar de A Furoca, na parroquia de San Paio, no concello de Coristanco. Xa daquela varios veciños denunciaban á APLU a idoneidade da ubicación da planta. En setembro de 2016, tres anos despois da licenza, dáse a coñecer o Informe de Impacto Ambiental que debería ser presentado no seu momento para obter a licenza provisional.

Planta de xestión de resíduos de GESMASA, en Coristanco
Planta de xestión de resíduos de GESMASA, en Coristanco | Fonte: QPC

Pero este proxecto terá en fronte unha parte da veciñanza, que vén de crear a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco, co obxectivo principal da mesma é a defensa da terra e dos dereitos da veciñanza no Concello. O seu primeiro foco de atención será esta proxecto que considera “sumamente lesivo para a veciñanza, non só da parroquia, senón tamén para o conxunto do concello”.

O voceiro da Plataforma Luís Espasandín cre que esta planta que “supón unha grave ameaza aos núcleos habitados na parroquia; a emisión de gases altamente contaminantes, a filtración aos acuíferos existentes de todo tipo de minerais pesados e restos dos elementos tratados na planta de xestión dos residuos industriais; a incidencia destes axentes contaminantes nos cultivos, especialmente a pataca de Coristanco; os altos índices de ruído e po que van ter especial incidencia, non só na vida das persoas, senón tamén na riqueza gandeira que se está a explotar na zona”.

Por iso vai “solicitar ao concello toda a información sobre o proxecto e poder dispor de locais axeitados para que a Plataforma poda convocar á veciñanza das parroquias e do concello e así informar do alcance deste proxecto e da incidencia do mesmo”.

Nova do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta