A gañadora do Premio Planeta 2016 visita a Ribeira Sacra

Dolores Redondo chega a Monforte convidada polo alcalde e da man de edicións Xerais para presentar “Todo isto che darei”.

Por X.M. Fernández | Monforte | 21/12/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A escritora vasca Dolores Redondo visita a Ribeira Sacra o 27 de decembro despois de ter contactado con ela hai varias semanas o alcalde de Monforte, José Tomé,  para convidala a coñecer a cidade e presentar o seu traballo literario nesta cidade. Aproveitando esta invitación, edicións Xerais, representante en Galicia da Editorial Planeta, organizou a visita e planificou unha serie de actos promocionais da versión galega da obra gañadora do Planeta “Todo esto te daré”.

Vista da Ribeira Sacra
Vista da Ribeira Sacra

A primeira parada de Dolores Redondo será ás 12.00 h. da mañá na Casa Grande de Rosende, casa de turismo rural de Sober que sae na portada da obra e que acollerá a presentación á prensa do seu traballo editorial. No acto participará o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

Pola tarde, ás 17.30 horas, está prevista unha recepción no despacho da Alcaldía de Monforte onde a escritora asinará no libro de Ouro. Un pouco máis tarde, ás 19.00 horas, terá lugar un acto de presentación da obra no Centro do Viño. O acto está aberto ao público e nel intervirán, ademais da autora: Manuel Bragado, director de Xerais, Román Rodríguez, conselleiro de cultura, e José Tomé Roca. Pechará o acto Dolores Redondo e haberá un coloquio.

A autora, con raíces galegas, ten recoñecido  publicamente que a súa avoa tivo moito que ver na súa vocación literaria polas historias que lle contaba, e que se sente engaiolada pola beleza da Ribeira Sacra, motivo polo cal decidiu ambientar a obra nesta fermosa paraxe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Monfortino

Marcándose puntos o Sr Alcalde