Un accidente entre un turismo e un camión en Antas de Ulla (Lugo) deixa dous feridos

A colisión dun turismo e un camión na tarde deste xoves no municipio lucense de Antas de Ulla causou dous feridos, segundo informou o CAE 112 Galicia.

LUGO | 05/01/2017 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A colisión dun turismo e un camión na tarde deste xoves no municipio lucense de Antas de Ulla causou dous feridos, segundo informou o CAE 112 Galicia.

O sinistro produciuse en torno ás 17,00 horas na N-640 ao seu paso pola localidade lucense. A consecuencia do impacto, un dos feridos quedou atrapado no interior do vehículo no que viaxaba e tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Chantada (Lugo).

Tras iso, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ao lugar do accidente tamén acudiron membros do GES de Monterroso, Urxencias Médicas e axentes de seguridade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta