O Parlamento demanda que se reduzan os cortes eléctricos no rural galego, que o BNG achaca á "eucaliptización"

O responsable de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, denuncia que a "eucaliptización" do territorio provoca máis do 80 % dos fallos de liñas de media tensión en Galicia, causados por cuestións como a caída de ramas e troncos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 23/05/2025 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou, por unanimidade a proposta do BNG, unha iniciativa na que se insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que se reduzan os cortes eléctricos no rural galego e se mellora o servizo. Esta proposta tamén pide mellorar o modo en que se indemniza a usuarios que sofren problemas no servizo en Galicia, de modo que se pide a actualización automática da indemnización segundo os indicadores económicos vixentes ou segundo o prezo medio de enerxía nas facturas de electricidade.

Tamén se apela a un cambio do sistema de medida de calidade do servizo de subministración de electricidade no que se valore os investimentos que suporá a redución do tempo mínimo para que un corte sexa considerado interrupción, do tres minutos actuais a un valor inferior co obxectivo de chegar ao nivel de microcorte.

O responsable de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, denuncia que a "eucaliptización" do territorio provoca máis do 80 % dos fallos de liñas de media tensión en Galicia, causados por cuestións como a caída de ramas e troncos. "Isto é un verdadeiro defecto e vai en contra de calquera política que se poida deseñar para evitar despoboamento do rural, de facelo atractivo para habitalo ou para desenvolver un negocio", lamenta. Sinala que o sistema eléctrico tivo un superávit de 600 millóns en 2024 que se podería destinar a mellorar a calidade do servizo

PLAN DE COMERCIO

Por outra banda, o PPdeG aprobou unha proposición non de lei na que insta á Xunta á posta en marcha, "canto antes", o plan estratéxico do comercio 2025-2030. A deputada popular Felisa Rodríguez valora que este plan "é unha folla de ruta que naceu de consenso colectivo e de escóitaa e as achegas do sector", que inclúe 74 accións específicas para as que se destinarán 320 millóns nos próximos seis anos.

Vista dunha torre de alta tensión
Vista dunha torre de alta tensión | Fonte: Jesús Hellín - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta