A tiros nun supermercado de Ourense

Unha testemuña cre que escoitou ao atacante lanzar unha proclama dalgún tipo. O tirador foi detido pola Policía.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 11/01/2017 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da cadea de supermercados, producíronse varios tiros --algunhas testemuñas identifican ata seis--, pero, polo menos, a empresa identificou un impacto de bala na zona da adega e outro na cristaleira do establecemento.

Impacto de bala nun supermercado en Ourense
Impacto de bala nun supermercado en Ourense | Fonte: EP

Posteriormente, segundo relatou a empresa, o individuo, que identificaron como de nacionalidade española, dirixiuse cun plátano e un cigarro na man á liña de caixas, onde se tirou ao chan para que o detivesen.

A intervención da Policía foi inmediata e os efectivos dos corpos de seguridade acordoaron a zona e sinalaron as pistas, entre elas varios envoltorios de chocolatinas tiradas no chan.

"MOITO MEDO"

Unha testemuña do ocorrido, Elena Álvarez Martínez, afirmou que ao principio pensaba que era "unha broma" e non lle deu "importancia" porque vira a uns nenos rirse, pero despois decatouse do ocorrido e conseguiu esconderse, xunto con outras persoas, nun almacén xunto á pescadería.

Ao respecto diso, afirmou que sentían "moito medo", que a xente estaba "a chorar" e que se pasaron "media hora escondidos" sen saber se "había xente viva ou morta", porque escoitaron varios disparos.

Esta mesma muller dixo que entendera ao home lanzar algunha proclama cando entrou, pero outra testemuña que estaba á beira do agora detido, que preferiu non identificarse, asegurou que non é capaz de identificar o que dixo. En todo caso, as pistas actuais da investigación non apuntan a que se trate dun acto con fins políticos ou relixiosos e as caixeiras identificárono como un cliente habitual e da zona.

Segundo a TVG un policía local de paisano que estaba no establecemento foi o primeiro en intervir ata que chegaron varias patrullas da Policia Nacional.

A emisora asequera que as forzas de seguridade din que non hai feridos. O atracador, que conta con antecedentes policiais, atópase na comisaria á espera de prestar declaración perante o xuíz. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta