SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:30 por EUROPA PRESS
O prezo da vivenda en aluguer creceu "un 4 por cento" en Galicia o pasado ano 2016 respecto aos datos de 2015, segundo un estudio elaborado por Idealista dado a coñecer este luns.
Este mesmo día tamén se coñeceu o informe anual de prezos de aluguer do portal de Internet 'pisos.com', que cifra o crecemento do aluguer na comunidade galega en "un 7,86" durante o ano 2016.
Segundo o estudio de Idealista, que analizou unha mostra de preto de 4.000 vivendas, 2016 estivo caracterizado por un "comportamento alcista" nas catro provincias galegas, os prezos das cales rexistraron subidas en todas elas.
Así, Pontevedra foi a provincia na que máis aumentou o prezo do aluguer, cun 6,2 por cento máis que en 2015. Séguena A Coruña (3,6%), Lugo (3%) e Lugo (0,2%).
En canto ás capitais de provincia, tamén se rexistran aumentos nos prezos de todas elas. Lidera a suba, de novo, Pontevedra (9,4%), tras as que se sitúa A Coruña (7,7%), Lugo (5,2%) e Ourense (3,3%).
ESTUDIO DE 'PISOS.COM'
Por outro lado, o informe anual de 'pisos.com' tamén apunta unha suba no prezo da vivenda en aluguer en Galicia, aínda que vai máis alá e eleva este incremento ata o 7,86 por cento.
Neste estudio sinálase a Lugo como a capital de provincia máis barata de toda España para alugar, cidade que, ademais, foi a novena localidade na que máis se rebaixou o prezo do conxunto estatal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.