A Real Academia Galega apoia que o aeroporto de Santiago leve o nome de Rosalía de Castro

A RAG súmase á proposta do grupo municipal de Compostela Aberta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) adheriuse á proposta do grupo municipal de Compostela Aberta para reclamar que o aeroporto de Santiago leve o nome de Rosalía de Castro.

Aeroporto de Santiago
Aeroporto de Santiago | Fonte: EP.

O pleno municipal deste xoves aprobou por unanimidade a proposta do grupo de goberno local, que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a que cambien a denominación do aeródromo de Lavacolla.

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, manifestou por escrito a "adhesión entusiasta" desta institución á iniciativa e considerou que o nome da poeta galega debería "figurar en letras supermaiúsculas e luminosas, como luminosa é a vida e a obra literaria de Rosalía de Castro.

"Cando, no futuro, cheguen a este aeroporto viaxeiros estranxeiros, a nova denominación invitaralles a interesarse pola vida e a obra da grande escritora, e cando os que cheguen sexan galegos, estou seguro de que todos eles experimentarán unha emoción especial ante o nome de quen foi a nosa defensora e a voz da literatura galega moderna", conclúe o presidente da RAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta