Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2017 | Actualizada ás 13:29
Asteriscos Real Estate SL e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron este venres o contrato de compra-venda do antigo Hospital de Galeras. Asteriscos Real Estate formalizou tamén o primeiro pagamento da compra do inmoble por 3.597.805 euros, o 50% do importe total.
Nun proceso de poxa pública, esta sociedade presentou unha oferta por valor de 7.195.610 euros. Dentro de dous anos, o 20 de xaneiro de 2019, a USC recibirá o 50% restante máis un incremento equivalente ao interese legal do diñeiro, oficialmente publicado nos Orzamentos Xerais do Estado, aplicado á cantidade aprazada.
No contrato asinado acórdase tamén que no caso de non realizarse o pagamento do segundo prazo na data indicada, a USC recuperaría a titularidade do inmoble retendo, en condición de penalización, un 5% da cantidade desembolsada no primeiro, informa a universidade compostelá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.