Temas: CONSUMO

Como evitar ter que chamar a un 902

Cada vez son máis as empresas de servizos que carecen de oficinas a atención ao público. Incluso as operadoras de telefonía que teñen oficinas, non prestan moitos dos servizos de atención ao cliente cara a cara.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2017 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Isto condena aos cidadáns a ter que tramitar as súas queixas e incidencias mediante números de teléfono. A miúdo estas liñas están insuficientemente dotadas de cadro de persoal, polo que as esperas poden facerse eternas. Para máis inri, nalgúns casos os números son de tarifa especial, co non queda outro que rañar no peto. Agora ben, nalgúns casos podemos evitar este problema visitando portais como, por exemplo, telefonodirecto.es

Se chamamos a un número que comeza por 902 desde un móbil, na maioría de operadoras o prezo de establecemento de chamada anda polos 0,15 euros e pagaremos ademais 0,48 por minuto. Se lle engadimos o IVE, vermos que unha chamada de dous minutos ao final sairanos por un pico nada despreciábel: 1,4 euros. Se temos que estar 20 minutos en espera, ala irán 40 euros.

Unha maneira de paliar este problema é buscar os números de teléfonos alternativos.  A miúdo os 902 poden contactarse tamén chamando a un número convencional dunha liña fixa. Tamén hai servizos das propias operadoras que son accesíbeis mediante números de marcación curta, de só catro ou cinco cifras, a miudo 100% gratuitos.

Con todo, as empresas dispoñen dunha verdadeira maraña de liñas diferentes para tipos de usuarios distintos (particulares, empresas, autónomos, … ) polo que unha boa idea é consultar algún dos portais especializados en recompilar estes números, que ademais de números de teléfonos de empresas de servizos tamén actualizan os identificadores de administracións, museos, operarios públicos de transporte, etc.

Outro factor a ter en conta é que, se ben os 902 son dos máis caros, os números que empezan por 900 -e tamén por 800- son totalmente gratuítos para o que chama. Neste enlace da Wikipedia poden consultarse todos os números de tarifa especial que hai vixentes arestora no Estado.

Unha muller cun teléfono móbil
Unha muller cun teléfono móbil | Fonte: USC.

Temas: CONSUMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta