Temas: FUXIDAS

A 42º Festa do Queixo vai collendo velocidade

O primeiro dos grandes eventos do ano de festivais en Galicia toma impulso. A Festa do Queixo de Arzúa anunciou xa quen lerá o pregón, o cartel deste ano e a banda gañadora do concurso 9º Queixo Maquetón.

Por GC Tendencias | Arzúa | 25/01/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A famosa actriz galega María Castro será a pregoeira en Arzúa. A artista viguesa lerá o pregón o próximo sábado 4 de marzo a partir das 12 horas. Con todo, a Festa comezará xa o venres 3 de marzo.

María Castro
María Castro | Fonte: tandemtalent festa do queixo

O seu primeiro gran traballo foi o papel de Paula Barreiro na exitosa serie de Pratos combinados da TVG. Dende aquela converteuse en habitual na pequena pantalla. Aída, O Códice Calixtino, SMS, sono algunhas das series nas que apareceu Castro, que ten un premio Ondas.

No referido ao cartel musical, polo de agora só se sbae o nome dos gañadores do 9º Queixo Maquetón. Será a banda onubense “DelBosque”, cun son que oscila entre o space rock, o noise e o pop-rock dos 90. e Los Planetas ou El Hombre Burbuja a Yo La Tengo, Sonic Youth, Luna, Spiritualized ou Radiohead son algunha das súas referencias.

O cartel estará baseado nunha obra titulada “Rural” de Rubén Lucas García (Torreaguera, Murcia).  O xurado escolleuna en decembro entre un total de 52 propostas desde as catro provincias galegas, do resto do Estado.

Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta