Temas: LORES PONTEVEDRA

Polémica porque Lores gastou 3.000€ nunha cea en Nova York

O alcalde de Pontevedra convidou a "algúns pontevedreses que viven en Nova York" tras recoller un premio de urbanismo. Para o PP trátase dun "capricho" e un "insulto aos pontevedreses". "Viaxen un pouco máis e déixense de paletadas", respóndelles o edil do BNG.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/01/2017 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A viaxe do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Nova York para recoller un premio ao modelo urbano de Pontevedra volveu de novo á actualidade despois de que o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, asegurara que lle parece "unha indecencia, un insulto, rirse de todos os pontevedreses, gastar 3.000 euros nun capricho do señor Lores".

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

"Os caprichos se os quere ter que os pague do seu peto", censura o popular, que pide a Lores que sexa "tan xenerosa co Comedor de San Francisco", unha entidade social de Pontevedra á que o Concello "dedica 1.000 euros" ao mes".

Nesta cea, celebrada en maio de 2015, á que Miguel Anxo Fernández Lores invitou a empresarios e personalidades de orixe pontevedrés que residen actualmente en Nova York, gastaron 3.276,76 dólares (2.916 euros ao cambio daquel momento) e nel participaron 27 comensais.

Os populares criticaron que o alcalde dese a propina que "considerou oportuno", que foi de 506,50 dólares (452 euros), o 20% sobre o custo da cea -antes de impostos- (2.532 dólares), seguindo o estándar marcado pola sociedade estadounidense.

O PP de Pontevedra esixe ao alcalde unha "desculpa" porque "os cidadáns non merecen un alcalde que trata con tanto desprezo os fondos públicos", e reclaman que as viaxes anunciadas polo BNG para o primeiro trimestre deste ano se publiquen na páxina web, tanto a axenda institucional como o custo detallado de todas estas viaxes.

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

PALETADA

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais de "agradecer" ao Partido Popular por "volver poñer de actualidade" que a cidade de Pontevedra recibiu un premio en Nova York "pola súa excelencia polo deseño saudable", recomendou aos populares que "viaxen un poquito máis e que se deixen de paletadas, porque iso que están a formular é unha auténtica paletada".

Lores sinala que a cea se celebrou nun establecemento de comida grega chamado Molyvos, situado en Sétima Avenida, en baixo de hotel Wellington, onde precisamente estaba hospedada a delegación Pontevedra que viaxou a Nova York a recoller o premio concedido pola fundación do exalcalde Michael Bloomberg.

"Celebrámolo con algúns pontevedreses que están en Nova York", apunta, e puntualiza que cada veciño que asistiu á entrega dese premio pagou 150 dólares. Polo que cualifica á cea como un "acto razoable" de agradecemento.

En canto ao "retorno" que aquel premio tivo para a cidade do Lérez, Fernández Lores informa de que "onte mesmo" (polo xoves) chegou un convite tamén do Centro para o Deseño Activo de Nova York na que: Póñennos como referencia para a recuperación da cidade de Nova Orleans", arrasada despois da catástrofe do Katrina. "Queren inspirarse en Pontevedra para a súa recuperación", apostila o alcalde nacionalista.

O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

15 comunista independentista

A corrupción caciquil upegalla non se diferencia moito da corrupción caciquil pepeira. Son partidos apodrecidos formados por xente sen escrúpulos.

14 Cruña

Imos ver un pouco de cordura, os mesmos que criticades que se gasten a ridícula cifra de 3.000 euros en agasallar os veciños por asistir a un acto, apoides que en plena campaña electoral gasten os "alcaldes del cambio" miles e miles de euros, Colau, Ribó... gaston do erario público sobre 7.000 euros, O Concello da Coruña ainda non nos aclararon os gastos que supuxo organizalo, pero o alugueiro do Palexco para o acto, catering, animación e demáis non son de balde(inda por riba foi un acto claramente electoral como cando Fraga levala os vellos ás romerías) A diferencia son claras, o truco está na "nova política" que imitan moi ben o PP niso da enxeñeria contable. Non pasa nada os "novos políticos mexan colonia"

13 Un de Pontevedra

Que despilfarro 80$ para convidar os pontevedreses residentes en New York que pagaron do seu peto 150$ para asistir o acto, que locura 2.600 euros en total, que vividores e inda por riba deixan propina que é obrigatoria neste pais pois os camareiros viven disto, que o PP aproveite isto para difamar cando eles son os reis do despilfarro en campaña electoral vale, pero que os simpatizantes mareados fagan o mesmo e tiren das fontes do PP, o panfleto de Inda e cía non ten perdón, a ainda hai quen defende no BNG xuntarse coa basura da Marea, se queren ver o que é gobernar para todos na mellor vila do mundo que veñan a Pontevedra. Adiante a Boa Vila, Adiante Galiza. Agora é Nueva Orleans quen vai vir a Pontevedra para copiar o modelo de cidade para reconstruir a súa, temos que decirlle a Lores que vaia o Ikea e merque un cento de fiambreiras e leve bistes empanados para todos non vaia ser. http://pontevedraviva.com/xeral/338...

1 Lozano & Lores SLU

Quen minte e quen tapa? Imos a túa fonte: pontevedraviva.com con xornalistas de medios pontevedreses que foron na viaxe (así se recolle no teu enlace), onde di que "se gastaron 3.276,76 dólares (2.916 euros)" en total (as contas da leiteira non serven, iso foi o pagado en total, pois as propinas foron abonadas na factura, non coa axuda de xornalistos amigos). Seguimos, "la cena organizada por el alcalde pontevedrés", nítido e transparente, "el coste de una cena que la delegación pontevedresa ofreció en la Gran Manzana", insisten e rematan, "cena a la que Miguel Anxo Fernández Lores invitó a empresarios y personalidades de origen pontevedrés que residen actualmente en Nueva York" . Claro, verdade? Con fontes de "confianza", sen recurrir á caverna madrileña. Triste papel ser taparrabos do poder, sexa do PPsoE, do BNG ou mareado... Moi triste ou moi agradecido como servo mandado.

2 Un de Pontevedra

Triste e escribir tanto e non dicir nada, iso si que é triste, segue coa demagoxia barata, aquí non se esconde nada se che parece mal gastar menos de 3000$ nun acto institucional con periodistas, emigrantes, empresarios... nunha das cidades más caras do mundo é o teu problema. Xa para rematar decir que a fonte e afín o BNG e non coñecer a fonte pero bueno o dito o próximo premio que se teña que recoller que vaia a nado, en taparrabos e que leve a comida da casa para que os PPeiros esteades contentos.

3 Lozano & Lores SLU

Que foches pillado como taparrabos e agora pícache? Pois a rascar! Eche o que ten ser un servo mandado! En que quedamos: foron os "pontevedreses residentes en New York que pagaron do seu peto 150$ para asistir o acto" como dixeches ti arriba, ou foi o Concello de Pontevedra, como xa aceptas agora e cantan as túas fontes, o que pagou? Foron 2.916 euros (que non é exactamente o mesmo que "menos de 3000$", que ti dis) ou 2.600 euros como dixeches arriba? A fonte tratou de tapar de xeito descarado e non o conseguiu: vese a leguas! Como se a propina non fose pagada polo concello! E finalmente, dime taparrabos: Quen manipula? Quen esconde? Quen falsea? Ti, que cando non tes argumentos acusas aos demais de ser "PPeiros"! Ti es pior que os mafiosos corruptos do Partido Podre, vas de progre e resultas ser un mandado, de curta intelixencia e nulos escrúpulos para defender o amo! Proe? Rasca como escravo que es do poder! E que o señor Lores te convide a una merenda, fame non falta!

4 Un de Pontevedra

Taparrabos seralo ti amigo e de curta intelixencia entendo que é pola ti entendo, miraches algún insulto no meu comentario?, segues escribindo moito sen decir nada é moi triste, foron eles si os que asistiron o acto os que pagaron a sua entrada, a propina non se cargou o Concello, grazas a algúns o Concello de Pontevedra e transparente e se queres podes comprobalo, senón fai como teu ídolo INDA. O que pagou o Concello foi a comida no restaurante a xente que pagou 150$ por ver como o seu Concello recibía un premio internacional pola súa xestión e o seu modelo de cidade que é o q realmente vos amola. Seguro que si estiveras o meu carón os insultos gardavalos valiente político de Facebook.

5 Un de Pontevedra

Mama mía amigo PPero qué película te montas coa noticia , sabes leer? A ver vamos despacio que o que ten intelixencia limitada eres ti. 1. Para asistir o acto de entrega dos premios hai que pagar 150$ 2. Pontevedra reaultou premiada polo seu modelo de cidade (calidade de vida, mobilidade, baixa contaminación, sostenibilidade, respeto có medio ambiente...) 3.logo do acto o a Concello (cos cartos dos pontevedreses)convidou ós asistentes ó acto a una comida institucional en agradecemento por asistiren. 4.Os custos están detallados(menos de 3000 euros incluido a propina obligatoria), se alguén lle parece mal o que ten que facer é votar os outros grandes candidatos a alcaldía. 5. O premio e a cidade de Pontevedra e a sua xestión non a Lores, pero nada para a próxima leva o tupper e xa está.

6 Lozano & Lores SLU

Despois de pillado faste o macho, logo de tirar a pedra ("que os PPeiros esteades") escondes a man e amosas sensibilidade polo maltrato recibido, pobriño... Demagogo desde a primeira liña: o Concello de Pontevedra pagou a paparota, e punto! Que fume de carozo precisas para esconder os feitos: que se pagaron o auditorio, o traxe ou o taxi... E o xantar ou o almorzo do día anterior, se quixeron, supoño! Para confundir inocentes! Feitos: os aplaudidores foron convidados a papar pola cara: modelo Pontevedra. Podía ser obra do Partido Podre, o das grandes enchentas de bandullo, mais foi obra do Lores, o santo varón alcalde vitalicio, e xa repetiu o mesmo exemplo noutros "premios" do modelo Pontevedra. E, finalmente, mellora un pouco o teu españolizado galego modelo Lores, hai cursiños de balde, só hai que ter vontade, xusto a que sobra no BNG para chupar do público e falta para facer e mellorar o país e os paisanos (que non son precisamente os da metrópole americana).

7 Loquito contra lores SL

i que te dejen aparcar en lacera loquito

8 Un de Pontevedra

Gracias por me defender amigo del BNG, se me estaba haciendo difícil la cosa i te me faltaba tu gran argumento. Lo dejamos noqueao. Te somos muy i mucho españoles los del BNG de Pontevedra

9 Un de Pontevedra de verdade

Mama menos mal que non hai que dar a cara aqui, moito valiente , desculpa polo meu galego PPero Lozano, despois somos os nacionalistas os que damos os carnets de bos galegos, outra vez volves escribir moito e dices pouco, moi triste o teu, veña ide facerlle o traballo sucio o PP que se ríe de vos todolos dias.

10 O Freire

Balbino, que te coñecemos, es moi previsible e repetitivo. E un chisco obsesivo, xa podes variar o nick que xa comezo a dubidar se es de Pontevedra 'de verdade'. Cando te pillan o elegante e asubiar. Non enlamarse. Estas empeorando o asunto que pretendes disimular. Uns querendo e outros sen querer afundides o nacionalismo galego. Patetico.

12 Cotovade

En Pontevedra goberna a mais rancia dereita de sempre: españolista, militarista, de misa e touros, casposa, clientelar, submisa aos poderes facticos, populista e esmoleira. Uns falsarios os señoritos vitalicios da UPG, por iso lles permiten seguir aparentando que teñen o poder municipal, a cambio Feixo e Raxoi estan ben comodos. O tragame do despilfarro de Nova Iorq so ben sendo unha nota destapada do caciquismo ben mantido que aturamos en Pontevedra. E ainda hai quen desculpa o amo das paparotas, pais de ananos corruptos.

1 La pastillita loqui

Y ademas no te deja aparcar en las aceras loquito

11 Que si

Que escándalo, montaron unha cea para 30 na entrega dun premio que costou a metade do salario dun asesor ocioso do PP ou da Marea ou do PSOE. Que investiguen xa a ver se o dan inhabilitado desta