Temas: LORES PONTEVEDRA

Polémica porque Lores gastou 3.000€ nunha cea en Nova York

O alcalde de Pontevedra convidou a "algúns pontevedreses que viven en Nova York" tras recoller un premio de urbanismo. Para o PP trátase dun "capricho" e un "insulto aos pontevedreses". "Viaxen un pouco máis e déixense de paletadas", respóndelles o edil do BNG.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/01/2017 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A viaxe do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Nova York para recoller un premio ao modelo urbano de Pontevedra volveu de novo á actualidade despois de que o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, asegurara que lle parece "unha indecencia, un insulto, rirse de todos os pontevedreses, gastar 3.000 euros nun capricho do señor Lores".

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

"Os caprichos se os quere ter que os pague do seu peto", censura o popular, que pide a Lores que sexa "tan xenerosa co Comedor de San Francisco", unha entidade social de Pontevedra á que o Concello "dedica 1.000 euros" ao mes".

Nesta cea, celebrada en maio de 2015, á que Miguel Anxo Fernández Lores invitou a empresarios e personalidades de orixe pontevedrés que residen actualmente en Nova York, gastaron 3.276,76 dólares (2.916 euros ao cambio daquel momento) e nel participaron 27 comensais.

Os populares criticaron que o alcalde dese a propina que "considerou oportuno", que foi de 506,50 dólares (452 euros), o 20% sobre o custo da cea -antes de impostos- (2.532 dólares), seguindo o estándar marcado pola sociedade estadounidense.

O PP de Pontevedra esixe ao alcalde unha "desculpa" porque "os cidadáns non merecen un alcalde que trata con tanto desprezo os fondos públicos", e reclaman que as viaxes anunciadas polo BNG para o primeiro trimestre deste ano se publiquen na páxina web, tanto a axenda institucional como o custo detallado de todas estas viaxes.

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

PALETADA

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais de "agradecer" ao Partido Popular por "volver poñer de actualidade" que a cidade de Pontevedra recibiu un premio en Nova York "pola súa excelencia polo deseño saudable", recomendou aos populares que "viaxen un poquito máis e que se deixen de paletadas, porque iso que están a formular é unha auténtica paletada".

Lores sinala que a cea se celebrou nun establecemento de comida grega chamado Molyvos, situado en Sétima Avenida, en baixo de hotel Wellington, onde precisamente estaba hospedada a delegación Pontevedra que viaxou a Nova York a recoller o premio concedido pola fundación do exalcalde Michael Bloomberg.

"Celebrámolo con algúns pontevedreses que están en Nova York", apunta, e puntualiza que cada veciño que asistiu á entrega dese premio pagou 150 dólares. Polo que cualifica á cea como un "acto razoable" de agradecemento.

En canto ao "retorno" que aquel premio tivo para a cidade do Lérez, Fernández Lores informa de que "onte mesmo" (polo xoves) chegou un convite tamén do Centro para o Deseño Activo de Nova York na que: Póñennos como referencia para a recuperación da cidade de Nova Orleans", arrasada despois da catástrofe do Katrina. "Queren inspirarse en Pontevedra para a súa recuperación", apostila o alcalde nacionalista.

O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

5 AntiBNG_pantagruélicos

Boh! Hai referencias de que ós alcaldes coma o de Oleiros e a Feijóo, non lles treme a man cando lles poñen un xabaril enchoupado en Vega Sicilia (unhas cantas botelliñas ), viño traído de Franza especialmente, champán do bó, cordeiro, etc. etc. cun valor meirande co que gastóu Lores en Nova Iorque (para pasmo de xente que os ve e que pasa fame... literalmente.), e non recibiron ningún recoñecemento internacional para os seus modelos de goberno. Por qué non ides pelar fabas, PPSOEIROS?

4 Jacinto Romero

Estou con Lores!!! Son de dereitas, disfruto cos toros, a nosa festa nacional, e cos desfiles dos nosos militares, encantame Bertin Osborne, aplaudo que Lores o trouxera pras festas da Peregrina. voto a Lores sempre!!! Igual que nas autonomicas estou con Feijoo, e nas nacionais con Rajoy, por suposto!!! E se me convidaran estaria encantado de asistir a unha comida con Lores, a cargo do concello, pois temos que presumir de cidade e ben nos merecemos premios polo gran alcalde que temos: o millor de todolos tempos, desde a dereita o dicimos sin complexos!!! Un ole por Lores!!!

1 Aaaaah

Mareado pasádeo ben na vosa reunión na praza de Touros de Vistalegre, iso considérase un convenio ou simple alugueiro? Consellos dou que pa min non teño. Según vos Lores ten o poder para votar a Ence , os militares de Galiza, prohibir as touradas e ir a luna a por una bandeira galega.

3 Cerna SEIS

Os popularras e mareantes seguro que cando van de viaxe oficial levan a fiambrera,

2 anonimo

Onte na Coz dician que o Alcalde deu 500 euros de propina, eles saben de sobra que nos USA e obrigatorio deixar un 15 por cento do total do custo da cea de propina, pero claro como moitos vecinos non o saben queren deixalo como un chulo despilfarrador. Hoxe sacaron que Louzan en Fitur, por una cea con moita menos xente pagou 9000 mil, ou sexa o triple. Xa podía estar caladiño o facherio. E o mesmo que cando Quintana se entrevistava con un dos nosos grandes empresarios no seu Yate, cando Feijoo andaba nos yates de narcos, claro que isto soubemolo despois das elecions

1 galegoexiliado

Seguen coa costume dos mojitos, neste caso serían burbons, sempre xenerosos cos cartos dos demais. O importante é saber canto pagaron polo premio ese, pois dudo moito que New York lle dea gratis un premio a quén enche a cidade de lombos e baches facendo a vida imposibel sos cidadans. E eso de que New Orleans os van a contratar pa enchela de baches non se a cree nin él. YES WE TRUMP (WE NEED A TRUMP)

1 Un de Pontevedra

Os lombos conseguiron que na cidade non morra ninguén por atropelos dende fai anos, os lombos son colocados porque son solicitados polos veciños, baches???? diso na Boa Vila non temos gracias. Quen non quere mirar a repercusión e retorno que teñen estes premios a nosa cidade ten un problema de obxetividade. Lombos (necesarios e que só lle molestan os de sempre, que vaian a correr a un circuito), 2.800 euros en NY e 1.800 euros na China perfectamente xustificados iso é o único có que pode difamar a dereita rancia mentres eles malgastan os cartos de verdade, a culpa é dós que van de esquerdas e fanlle o traballo máis porco o PP. Se dudas dos premios o problema é teu, o Concello é trasparente 100%, se queres preguntalle a Xuez PPera De Lara, que rebuscou e rebuscou e non topou pq non había, a ver se fan o mesmo cos demáis Concellos.