Critican que cargos institucionais desvelan datos "privados" de historias clínicas

A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social di que os cargos públicos "máis que ninguén, deben de preservar o celo en casos de persoas vulnerables".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2017 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) advertiu de que algúns cargos institucionais desvelaron datos "privados" de alta protección e reservados das historias clínicas ou sociais de determinadas persoas, como pasou nalgunhas declaracións públicas sobre o caso de violencia machista do Carballiño no que un home matou á súa parella.

Concentración no Parlamento contra o asasinato dunha muller no Carballiño
Concentración no Parlamento contra o asasinato dunha muller no Carballiño

O COTSG puxo o exemplo da concelleira de Sanidade, Igualdade e Benestar Social do citado concello, Marina Ortega, que declarou publicamente "que non existía ningún expediente aberto por malos tratos na parella".

Tamén sinalou que a muller "tramitara unha solicitude de axuda a domicilio por demencia senil que padecía o home", revelando especificamente que "lle diagnosticaron demencia senil e estaban en estudo outras posibles causas do cambio de comportamento".

O COTSG advertiu de que, neste caso, "o dereito á información choca co dereito á dignidade" e "coa legalidade", posto que a historia clínica dunha persoa "é un documento privado sometido a reserva legal que só pode ser coñecido por terceiros no caso de que o paciente o autorice ou nos casos que contemple a lei".

A iso ligou a necesidade de "protexer o dereito á intimidade do individuo", tendo en conta "o carácter reservado" deste tipo de documentos.

LEVA Á "ESTIGMATIZACIÓN"

A presidenta da entidade, Marta Capeáns, insistiu nas "implicacións de ser un cargo público", que debe, "máis que ninguén, preservar o celo en casos de persoas vulnerables".

"Ninguén cuestiona a libre información e expresión de ideas, pero estas están sometidas a límites, aqueles que vulneran outros dereitos fundamentais como o dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe", advertiu.

Neste sentido, admitiu que "un técnico de servizos sociais ten que entregar os informes que lle require, por exemplo, un concelleiro, para o uso exclusivo das súas funcións", pero tamén considerou que "esta persoa debe ser responsable co material que ten entre as mans".

"Desvelar este tipo de informacións só serve para unha maior estigmatización deste tipo de colectivos", criticou, lamentando que se trata dunha práctica "máis habitual do que se pensa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 o falar non ten cancelas

Lin nos comentarios dalgún xornal un troll (ou iso agardo) que pretendía ter insight profesional do caso e dicía que padecía unha enfermidade das que levaban ó asasinato. Toma moreno. A concelleira precisa un cursiño de dereito á intimidade no eido da saúde de nivel celador (sinxeliño, para que non se estrese)

1 tovarich de moscu

polo visto o señor tiña crises mentais na ultima estivo catro horas sobre un teito da casa, polo visto debía crerse una cegoña ou asi, pero non consideralo internalo no manicomio ... o complexo hospitalario universitario de Ourense non debía ser declarado universitario sinon de primaria ou incluso mellor de galiña azul... desde que o pe$oe puxo os tolos na rua as cousas se puxeron moito pior...