Temas: EUCALIPTO

Debe Galicia facer como Portugal e prohibir plantacións de eucalipto?

O Estado veciño veta as novas plantacións de eucalipto até 2030. A decisión chega nun intre clave, cando a Xunta debe concretar as súas anunciadas restricións a esta árbore pirófila.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2017 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O Ministerio da Agricultura confirmou unha resolución do Consello de Ministros do anterior Goberno, de marzo de 2015, que aproba a Estratexia Nacional para os Bosques (ENF). Ese documento determinaba a conxelación ata 2030 das 812.000 hectáreas xa plantadas con eucalipto en Portugal. 

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega

O Goberno da coalición de esquerdas luso defendeu a decisión, pero lembrando que só están a seguir o camiño xa debuxado polo anterior Executivo, de dereitas. “Estamos só a respectar e a cumprir a ENF” dixo o ministro Luís Capoulas Santos.

A decisión portuguesa seguro que suscita polémica en Galicia. A Xunta ten pendente de publicar oficialmente as súas anunciadas restricións a esta árbore. O Goberno leva moitos meses atrasando unha decisión, malia que hai un ano que entregou ao sector un borrador.

Mentres tanto, algúns concellos liderados pola Deputación de Lugo xa anunciaron medidas contra o eucalipto. Son medidas indirectas porque quen pode decidir onde se planta ou non é a Consellería de Medio Rural.

As similitudes coa outra beira do Miño son enormes. No país tamén existen masivas plantacións desta árbore, sobre todo na costa. Ademais en Galicia, ao igual que en Portugal, é un dos factores que contribúe a explicar o elevadísimo número de hectáreas queimadas cada verán. 

Máquina cortando eucaliptos
Máquina cortando eucaliptos

A conxelación tamén suscita preguntas económicas. Segundo recolle o xornal luso Público, produtores forestais e a industria están a criticar esta medida, cuxa discusión pública terminou a última semana.

Cómpre lembrar que Elnosa, a planta de celulosa de Pontevedra, é de capital portugués. Esta industria, ao contrario que a indultada ENCE, está pendente de renovar a súa autorización ambiental.

O Goberno, apoiado polo Bloque de Esquerda, PCP e asociacións ecoloxistas, aposta pola paralización. Neste bando lembran que no prazo dunha xeración o eucalipto converteuse na especie máis importante do bosque do Estado veciño. No futuro, haberá plantacións autorizadas só por substitución de áreas xa plantadas. 

Grupos ecoloxistas Greenpeace recoñecen que a industria madeireira do eucalipto é clave para a economía rural e o sector forestal. Con todo, Greenpeace lembra que as plantacións de eucalipto supoñen “un problema para a conservación da fauna e a flora, para a conservación do recurso do chan, para a xestión dos recursos hídricos, para os espazos protexidos e para a correcta ordenación do territorio”. 

Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

10 Lois

No rural vasco estánse a morrer da fame por no ter "alcolitos". Está todo o monte abandoado e sen producir...Vou pasar pra Francia que che son máis intelixentes... Ah, carallo!... eiquí tampouco...terei que mirar na atrasada Suíza...cagho na vida!... están todos tolos!!

9 Iván

SI deben, por suposto! O eucalipto é unha especie invasora e destructora. O único que dá son cartos. En Galicia e Portugal somos os únicos ignorantes de toda Europa que poñemos os cartos antes que a nosa terra aceptando o eucalipto nos nosos montes. E así nos vai, non hai ano que non arda media Galicia.

8 131313131

Rematemos co sector forestal galego, primeiro o gandeiro e ahora o forestal, deixemos de producir biomasa e usemos petroleo que esta moito mellor!!!!! Vergonza! De ser asi a miña famila marchara de galicia, e por suposto avandonarei as miñas terras! Ai cousas que non comprendo como a xente que rexeita o eucalipto porque non merca terras e produce plantas autoctonas??? naide quere gastar diñeiro sen obter un beneficio.

1 niscalo

Nin que o eucalipto e a madeira fosen os únicos recursos forestais que se poden explotar dun monte... Xa só a explotación de cogomelos e castañas supera con fartura os beneficios do sector madeireiro. Engade pastoreo ou apicultura e o uso tradicional dos montes vólvese moi cuestionable... O cultivo de eucalipto e a falta de usos forestais é o que esta facendo que o rural leste perdendo xente... Deixar que as árbores crezan e cobrar 20 duros non é aproveitar os recursos rurais... Facer unha peor xestión da que se facía fai 80 anos e un pouco ridículo hoxe en día...

2 Sined

Rematadas xente coma vos co sector forestal, que non tendes nin idea do que é a silvicultura nin os benefícios que se poden sacar con infinidade de especies maderables, que non Sabedes nin queredes saber de estudios forestais. Se tan sequera compares o que é a madeira con valor engadido como a destinada a estructura. Mirade para Asturias! Xente coma vos cortoplacista que só pensa na peseta de hoxe é fame para mañá. Estades a destruir a nosa contorna! Ignorantes.

7 porfavor

Non que nos quedamos sin cartos por favor aquí a p aixase e como a lingua esta de mais acabemos con galicia o mellor e ser castelan non ahí cor

6 guliat

O eucalipto non forma bosque, salvo nos seus territorios orixinarios: aquí só prantacións. Non?