Temas: LUZ

Fenosa di que solventou todos os cortes, catro días despois

A Xunta prometeu abrir un expediente informativa ás distribuidoras mentre a oposición reclama medidas máis contundentes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/02/2017 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Unión Fenosa Distribución asegura que repuxo a subministración eléctrica a todos os clientes afectados en Galicia polo temporal, segundo informaron a Europa Press fontes da compañía na noitiña do luns. 

Unha das sedes de Unión Fenosa
Unha das sedes de Unión Fenosa

O atraso en solventar as incidencias desatou críticas tanto de sindicatos do rural como da oposición. A Xunta prometeu abrirlle expediente informativo as empresas suministradores polos cortes. O Goberno lembra que os danos causados son "indemnizables", por exemplo para as granxas de leite.

Gas Natural Unión Fenosa di que as últimas incidencias ligadas aos efectos do temporal que azoutou á comunidade galega en liquidarse rexistráronse na provincia de Lugo e os técnicos traballaban para solucionar o problema.

Na actualización previa, das 19,45 horas, Unión Fenosa informara de que había aínda 300 clientes afectados, fronte aos máis de 1.800 que carecían de subministración eléctrica á primeira hora deste luns.

Danos no tellado do Colexio de Sober por mor do temporal de vento nunha imaxe difundida polo Concello
Danos no tellado do Colexio de Sober por mor do temporal de vento nunha imaxe difundida polo Concello
Temas: LUZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta