Cal é a mellor web municipal de Galicia?

Dous estudios diferentes da Universidade de Vigo avalían os portais dos concellos do país. Ambos sitúan dúas cidades nas primeiras posicións. Outras conclusións son que os concellos de Portugal están máis adiantados. En Galicia o goberno electrónico é moi pouco frecuente, malia que en España está regulado e en Portugal non.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 08/02/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Pontevedra, Lugo, Santiago, Vigo, A Coruña e Ourense. Estes son, por esta orde, os concellos que responden mellor as preguntas que formulan os cidadáns por Internet.

Gráfico sobre transparencia municipal no artigo de Xabier Martínez-Rolán, Teresa Piñeiro-Otero e Xosé Manuel Baamonde-Silva
Gráfico sobre transparencia municipal no artigo de Xabier Martínez-Rolán, Teresa Piñeiro-Otero e Xosé Manuel Baamonde-Silva

Así o conclúe o traballo de Vitoria Canoura nun mestrado da Universidade de Vigo. Este traballo final do  mestrado en Dirección Pública e Liderado Institucional gañou o premio ao mellor traballo final de mestrado na citadad Universidade.

“Ter un recoñecemento oficial é moi gratificante, recompensa as horas de esforzo”, salienta Canoura do premio a un estudo que abrangueu as sete grandes cidades do país e os concellos de Narón, Lalín, Moaña, Xinzo de Limia, Ribadeo, Meis e A Illa de Arousa. 

De todos eles, no furgón de cola da comunicación bidireccional viaxan Meis, Moaña e Xinzo; por non dispor de ferramentas web para a realización destas consultas.

No índice global co que Canoura avaliou os portais públicos, os gañadores son Vigo, cun 54,5% de cumprimento dos ítems propostos, Pontevedra, cun 53%, e Santiago cun 51%.

A investigadora Vitoria Canoura
A investigadora Vitoria Canoura | Fonte: uvigo.es

Polo contrario, na cola da clasificación global viaxan Xinzo co 8% e a A Illa co 16% dos ítems identificados no traballo como definidores dun bo goberno electrónico. 

A conclusión global da premiada investigación é que a implantación do goberno electrónico nas administracións locais galegas sofre dun “desenvolvemento moi limitado e pouco uniforme”. A situación tende a ser mellor nas cidades, aínda que tamén hai grandes diferencias entre as urbes.

TRANSPARENCIA

Outro traballo deste ano realizado por  investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación tamén situaba a Pontevedra e Santiago como dúas das cidades con mellores webs. No caso do artigo Xabier Martínez Rolán, Xosé Baamonde e Teresa Piñeiro, que se centraba na transparencia da información, estas dúas cidades estaban no ‘top ten’ dos 44 portais avaliados, procedentes de Galicia e do Norte de Portugal. 

Nese ranking de 44 había outros tres que ocupaban unha posición media: Ferrol - posto 11-, Vigo -16- e A Coruña -20. Máis problemas había no caso de Ourense (posto 31), Lugo (35), Narón (37), Oleiros (38), Vilagarcía de Arousa (39), Carballo (43) e Arteixo (44).

A conclusión xeral deste segundo estudio era que as administracións lusas usan máis e mellor as redes sociais e están "máis concienciadas" da importancia da transparencia e da rendición de contas á cidadanía que os municipios galegos a pesar de non ter un regulamento xurídico, como si ocorre neste Estado dende 2013.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mateo Morral

Pois sen dubida a web galega mais millor é a do concello de Madrí, seguida da de Saragosa. A cuidan día e noite os nosos parlamentarios de Puedemos e Anueva

1 Gamela

Cicais teríamos que saber canto paga o Concello de Vigo polo mantemento (privado) da súa web para poder avaliar se estes rankings son ou non unha REALIDADE. Unha cousa é ter ventanilla electrónica e outro ben distinta é que funcione axeitadamente e sobre todo que o seu custe sexa proporcionado ao servizo que presta... Exemplo: o Concello de Vigo leva VENDIDOS 29 pisos de titularidade pública para mercar a cambio unha "leira de repolos" (sic) mentres logo de 4 anos aínda quedan sen vender 11 pisos (declarados desertos na última poxa) https://sede.vigo.org/expedientes/p... Resumindo, ás veces case é mellor que non funcione a que funcione nunha sóa dirección: Cartos ao Caixón!