A Asociación Galega de Consumidores chama a afectados as cláusulas chan a sumarse á súa querela contra Abanca

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) realizou un chamamento aos afectados polas cláusulas chan de Abanca a sumarse á súa querela interposta contra esta entidade bancaria.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2017 | Actualizada ás 19:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) realizou un chamamento aos afectados polas cláusulas chan de Abanca a sumarse á súa querela interposta contra esta entidade bancaria.

A través dun comunicado emitido este sábado, Acouga informou que o pasado 14 de febreiro publicouse no BOE a resolución do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña da admisión a trámite da demanda colectiva interposta por esta asociación contra Abanca polas cláusulas chan.

Deste xeito, o curso do procedemento quedou paralizado durante dous meses, período no que os "xa adheridos" á demanda deberán presentar "toda a documentación solicitada".

O prazo de presentación finaliza o 6 de abril e ata entón poderán sumarse á demanda "todos os afectados polas cláusulas chan de Abanca que non fixesen reclamación e que queiran exercer o seu dereito a reclamar colectivamente".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta