SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2017 | Actualizada ás 07:24 por EUROPA PRESS
Un total de 100 nenos da Coruña e Ferrolterra arrincan este domingo a campaña escolar de esquí da Deputación, na que participarán medio centenar de rapaces de entre 10 e 14 anos.
Na primeira quenda irán escolares de 14 municipios, que gozarán de cinco días na estación de Leitariegos, en León.
As viaxes inclúen o transporte, a estancia, as actividades con monitores, o seguro, o aluguer do material, o acceso a remontes e os cursos.
Así, poderán asistir a clases de esquí, gozar de actividades nocturnas e concursos e protagonizar unha festa de benvida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.