Dúas persoas mortas nunha explosión con posterior incendio dunha vivenda en Redondela (Pontevedra)

Polo menos dúas persoas faleceron na tarde deste luns nun incendio orixinado nunha vivenda da localidade pontevedresa de Redondela tras unha explosión.

PONTEVEDRA | 20/02/2017 | Actualizada ás 21:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Polo menos dúas persoas faleceron na tarde deste luns nun incendio orixinado nunha vivenda da localidade pontevedresa de Redondela tras unha explosión.

Segundo informaron a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, sobre as 20,30 horas da tarde rexistrouse unha forte explosión nunha vivenda de tres plantas do Camiño Pousadoura, na zona de Chapela. Posteriormente, a vivenda comezou a arder.

Á zona desprazáronse os Bombeiros de Vigo, efectivos sanitarios do 061, Policía Nacional e Policía Local de Redondela, que confirmaron polo menos dous falecementos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta