O director de El Correo envía carta “case ameazante” o día antes da primeira protesta dos traballadores

José Manuel Rey Nóvoa quere evitar a primeira concentración dos seus empregados que levan seis meses sen cobrar e cun ERE temporal que algúns están xa a punto de rematar. Insiste en apelar a “nuevas inversiones” nun grupo de ten máis de 16 millóns de débedas.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 22/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Unha empresa en ameaza con caer na quebra técnica, fóra xa da súa histórica sede, cuns traballadores que levan anos sufrindo o indicible, con seis meses sen cobrar e insertos nun ERE temporal que os deixará sen cobertura de desemprego se van ao paro. E, aínda así, a pesar de todos eses sufrimentos, hai quen lle pide que sigan sufrindo calados na procura dunha solución que non dá chegado e que pode ser, directamente, o peche ou a disolución da empresa.

Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego
Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego

Esa é a triste historia de El Correo Gallego, un dos grandes grupos de comunicación de Galicia e que hoxe é xa unha sombra do que foi. Editorial Compostela, matriz do grupo, leva meses tentando renegociar unha débeda de máis de 16,8 millóns de euros, nomeadamente con ABANCA e Lico Leasing, para garantir a súa viabilidade. Pero, ata o de agora, sen resultados satisfactorios.

Tivo que abandonar a súa histórica sede. Un gran edificio no corazón histórico da capital galega e marchar a unha nave ás aforas da cidade. Os seus traballadores levan anos sufrindo estreiteces económicas e laborais, con seis meses sen percibir os seus salarios, cun ERE temporal e traballando tanto ou máis que antes. Polo medio, multitude de xuntanzas, asembleas e amagos de protesta. Pero, ante as constantes promesas dos directivos do xornal, nunca foron máis alá que expoñer a súas penurias en privado. Ata agora.

Primeira protesta convocada

E é que os traballadores decidiron dar un tímido paso para amosar que están fartos de promesas incumpridas e convocaron unha concentración diante da súa nova sede, no Polígono de Costa Vella. Unha medida simbólica, de cinco minutos. Ninguén se tiña porque enterar. Só na empresa. Ata que o seu director converteu un acto simbólico nunha declaración de guerra. Ou así o entenden algúns dos seus traballadores.

José Manuel Rey Novoa
José Manuel Rey Novoa | Fonte: lacapitalmd

Xusto un día despois desa decisión, José Manuel Rey Nóvoa, o director do xornal, decidiu utilizar a intranet do medio para facer chegar unha carta a todos os seus traballadores. Unha carta que, obviamente, sabía que ían recibir todos, posto que ese sistema é o que utilizan todos eles para traballar.

Na carta, que aínda que tenta ser amistosa, Rey Nóvoa utiliza un ton “case ameazante”, segundo algúns traballadores consultados, para convidalos a que miren ben se paga a pena acudir a esa tímida protesta. “Algo inaudito”, apuntan. “Haced lo que os dicta vuestra conciencia y sabed que mañana, mientras algunos protestas, estaré en mi despacho trabajando por un futuro mejor para todos nosotros, con la puerta abierta, como siempre. Sé que no estaré solo y os lo agradezco, de antemano”, remata Nóvoa a súa misiva.

Unha misiva que comezaba cun: “Queridos compañeros, desde el más absoluto respeto a los derechos de los trabajadores, considero mi deber expresaros mi profunda preocupación por las repercusiones negativas que para la empresa, para todos nosotros, en definitiva, puede tener la concentración de empleados del Grupo Correo Gallego, prevista para mañana, miércoles”.

Protesta “inoportuna” y “daniña”

Nesta carta, Rey Nóvoa considera “inoportuna” e “daniña” esa protesta na súa estratexia, di, de “buscar la liquidez que blinde nuestra viabilidad”. Unha viabilidade, di, que pasa “desde la creación de un Club de Inversores hasta cinco vías abiertas de negociación con empresarios, pasando por un plan de visitas para poner en valor la moderna sede del Grupo y nuestro trabajo ante lideres sociales y económicos de Santiago y Galicia”. Unhas vías que leva explorando desde hai meses sen que, ata o momento, teñan proliferado.

O director de El Correo destaca que a concentración é “un punto de inflexión peligroso, porque resquebraja la paz social que entre todos hemos mantenido a flote contra viento y marea en estos años de angustias, sacrificios y dolor, y porque convierte en papel mojado la hoja de ruta del diálogo”. 

“Por más vueltas que le doy, no entiendo cómo es posible que el comité de empresa no respete la mediación en marcha y, aún más grave, decline el ofrecimiento de diálogo que le reiteramos pocas horas después de la asamblea del lunes. Me parece, sinceramente, lo más parecido a una declaración de guerra con la que no todos saldremos perdiendo. Priorizar unilaterlamente la pancarta frente a la negociación es, ni más ni menos, elegir el castigo indiscriminado sin ganar nada a cambio. Os lo digo con franqueza y pesar”, asegura.

Unhas ameazas que fai cando, ata o momento, non teñen saído adiante ningunha das propostas prometidas; non hai inversores, as nóminas acumulase sen pagar e o ERE temporal continúa a pesar dos traballadores.  Ademais, no proceso de mediación iniciado, e segundo fontes consultadas, o propio Rey Nóvoa chegou a suxerir, cunha mediadora da Xunta diante, que os seus traballadores solicitaran un crédito aos bancos para facer fronte aos atrasos salariais “que logo xa serían cubertos polo xornal unha vez se atoparan inversores”. Unha postura que a propia mediadora rechazou de plano.

“Ver la luz al final del tunel”

E a pesar de todos estes antecendentes, o director de El Correo insiste na súa misiva en suliñar que esa protesta pode “propinar un doloroso golpe bajo” á imaxe do grupo “justo cuando comenzamos a ver la luz al final del tunel”. “Justo cuando hemos dado con éxitos el salto máis importante en nuestros casi 140 años de historia, justo cuando estrenamos una sede más que digna, justo cuando nos presentamos en sociedad con el especial más poderoso en años...”, engade en alusión a un recente suplemento no que o xornal tentaba sacar peito ante os seus lectores pola súa difícil situación.

Unha difícil situación que xa leva relatando Galicia Confidencial durante meses e da que posteriomente tamén se fixo eco La Voz de Galicia. Unha información que, segundo as fontes consultadas, “fixo moito dano” e motivou que El Correo contraatacara con outra información denunciando a mala situación económica de V Televisión. 

Precisamente, e segundo suliñan estas fontes, o temor de Rey Nóvoa é que os medios se poidan facer eco dos problemas e as penurias internas que padece a súa redacción, aínda que consida que o seu pior inimigo nestes momentos, La Voz, non informará disto "porque tamén eles tiveron protestas e saben o que hai". Unha situación que segundo teñen apuntado destacados xornalistas ten difícil solución por “moitas negociacións e busca de inversións” nas que estea inmerso a dirección do xornal.

CARTA DE REY NÓVOA

Queridos compañeros, desde el más absoluto respeto a los derechos de los trabajadores, considero mi deber expresaros mi profunda preocupación por las repercusiones negativas que para la empresa, para todos nosotros, en definitiva, puede tener la concentración de empleados del Grupo Correo Gallego, prevista para mañana, miércoles.

Considero la decisión de la asamblea no solo inoportuno, sino dañina para las acciones en marcha en busca de la liquidez que blinde nuestra viabilidad, que contemplan desde la creación de un Club de Inversores hasta cinco vías abiertas de negociación con empresarios, pasando por un plan de visitas para poner en valor la moderna sede del Grupo y nuestro trabajo ante lideres sociales y económicos de Santiago y Galicia.

La concentración del miércoles marca, además, un punto de inflexión peligroso, porque resquebraja la paz social que entre todos hemos mantenido a flote contra viento y marea en estos años de angustias, sacrificios y dolor, y porque convierte en papel mojado la hoja de ruta del diálogo. Por más vueltas que le doy, no entiendo cómo es posible que el comité de empresa no respete la mediación en marcha y, aún más grave, decline el ofrecimiento de diálogo que le reiteramos pocas horas después de la asamblea del lunes. Me parece, sinceramente, lo más parecido a una declaración de guerra con la que no todos saldremos perdiendo. Priorizar unilaterlamente la pancarta frente a la negociación es, ni más ni menos, elegir el castigo indiscriminado sin ganar nada a cambio. Os lo digo con franqueza y pesar.

Justo cuando hemos dado con éxitos el salto más importante en nuestros casi 140 años de historia, justo cuando estrenamos una sede más que digna, justo cuando nos presentamos en sociedad con el especial más poderoso en años, justo cuando comenzamos a ver la luz al final de un túnel sembrado de minas, esta acción puede propinar un doloroso golpe bajo a la imagen del Grupo Correo Gallego.

Ppor más vueltas que le doy, insisto, no consigo verle ni un solo beneficio a la concentración y si perjucios tan desastrosos como la huida de posibles inversores, espantados por la ruptura de la paz social, nuestro tesoro más preciado y herramienta imprescindible para conquistar un futuro de estabilidad y normalidad. Tampoco entiendo esa negativa al diálogo, esa cerrazón del comité de empresa a negociar un plazo de gracia. ¿Es razonable tirar todo por la borda después de años de sacrificios y cuando tenemos en marcha posiblidades concretas de inversión?.

Una última reflexión/pregunta: ¿le merece más crédito a la plantilla del Grupo Correo Gallego la insensata hoja de ruta de confrontación, alentada por una asesora sindical externa, que los años de entrega de todos nosotros para mantener a flote una empresa de la que viven 150 familias?.

Necesitaba abriros mi corazón y compartir con vosotros mis preocupaciones porque sé que caminamos hacia el mismo norte: la salvación de nuestro querido grupo de comunicación. Haced lo que os dicta vuestra conciencia y sabed que mañana, mientras algunos protestas, estaré en mi despacho trabajando por un futuro mejor para todos nosotros, con la puerta abierta, como siempre. Sé que no estaré solo y os lo agradezco, de antemano.

Recibid todos un fratenal abrazo

José Manuel Rey Nóvoa, director

Carta do director de El Correo Gallego que os traballadores atoparon na intranet do medio
Carta do director de El Correo Gallego que os traballadores atoparon na intranet do medio | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

6 Traballador

Unha pena que un "medio" coma este se preste a desprestixar e difamar a outro por diferencias na sua liña editorial. Penoso e unha falta de respeto para os moitos traballadores que levamos décadas en EL Correo, vivindo e traballando do noso, ter que leer esta noticia. Fraco favor nos fan os que dende dentro nos queren tan mal. Totalmente insensatos-por outra parte-. So lles desexo a todos, o mesmo que nos desexan a nos. Pra ben ou pra mal.

1 Opinador

Este "medio" publicou unha nota interna real (a nº 640) na que Jose Manuel Rey, membro da directiva, expón que non entende e considera dañina a manifestación dos traballadores, convocada por un sindicato, os cales levan un montón de nóminas sen cobrar e sen cotizar polas débedas coa SS e que o comité négase a dar un 'período de gracia' (suponse máis do que xa deron). Nesa comunicación engade tamén que a El Correo Gallego vaille DPM, que estrea unha nova sede (non di que a outra lla embargaron) e que lles vai mellor ca nunca. Eu leo eso na proba documental. Polo que conclúo: ¿Esperoulle máis o banco para embargar? Seica xa levan moitos anos turrando do sangue dos traballadores ¿Publicar algo certo é difamar? Ogallá os traballadores poidan asociarse para competir online con este medio no que ti mais eu opinamos; en beneficio deles e de todos. Para min El Correo Gallego, hoxe, tal e como está, está moribundo senón morto.

5 Victoria

Indignante, qué deslealtad demuestran aquellos que tergiversan e intoxican con mentiras acudiendo cobardemente a otro medio, por llamarlo de alguna manera, y que, sin contrastar la información, publica datos falsos. ¡Qué mediocridad, qué falta de ética... y qué pena! EL CORREO GALLEGO saldrá adelante, está vivo. Que nadie lo olvide.

1 propiamenciña

Vivo e cheo de fochancas...veña, a mamar a casa da collona! Panfleto mentireiro! Onde as dan as toman.

2 xees

Á hora de trollear é mellor, de entrada, facelo en galego, así igual non nos damos de conta tanto de quen sodes..

4 Jaime

¿¿Carta amenzante?? ¿? Pero usted sabe leer?? La carta no puede ser más sincera, realista y positiva. Yo (y cualquier individuo que sepa leer) no ve en sus palabras ninguna amenaza, más bien la certeza de quien sabe cuál es la fórmula para solucionar el problema de Liquidez actual.Criticar a una empreasa que lleva más de 139 años al servicio de Galicia, única que editó un diario íntegro en Gallego y que antes de la Crisis dio de comer a más de 500 familias es lamentable. Mentir sobre la deuda real (menos de 13 millones y no 26) es lamentable. Perseguir más visitas en su página web a cuenta de publicar mentiras y difamar a un grupo periodístico de reconocido prestigio en Galicia es lamentable. Y criticar campañas institucionales de Xunta u otros organismos del estado, siendo Galicia Confidencial subvencionada entre otros por la Diputación de la Coruña es ya de chiste. Y así nos va. Lamentable.

1 jaime II

Totalmente de acuerdo

2 Jaimista

Hola, José Manuel! Luego me paso por tu despacho para ver como trabajas por un futuro mejor para todos nosotros. Besis!

3 Manda carallo

Reconocido prestigio JAJAJAJAJAJAJA Contame outro chiste meu! Que bo! Resulta que as fochancas están en El Correo Gallego

4 pichel

"Perseguir más visitas en su página web a cuenta de publicar mentiras y difamar a un grupo periodístico de reconocido prestigio en Galicia es lamentable." Probe vosetde a cambiar "grupo periodístico" por "goberno municipal" e terá unha boa explicación da situación poola que pasa o que un día foi o xornal de todos os santiagueses, e hoxe non pasa de panfleto do PP (e malo)

5 Jaime III

Increíble. Mandar un fotógrafo para ver quienes son los díscolos tampoco es amenazante.

6 jaime ll

Jaimista No tienes lo q hay q tener a pasar por su despacho Ya no los tuviste para poner tu nombre real

7 Jaimista

Ay, "Jaime II", no te me alteres, que no le sienta bien a un señor de casi 75 años....

8 Penita

Qué pena que os enemigos estean dentro da casa. Tantos recomendados para que sean os que cravan o coitelo. A proxima vez director mira ben a quen metes. Colle xente do paro que e moito mas leal.

9 Jaime III

Penita e sentarse e esperar, levámolo facendo mais de seis anos. Penita e crer que sair 5 min e cravarlle un coitelo. Penita e considerar un enemigo a un compañeiro que sae a protestar por unha situación de falsas promesas continúas dende a dirección e a xerencia. Penita son mais cousas que non necesarias airear publicamente.

3 comunista independentista

Pois é. E a mafia do Correo que ameaza aos seus traballadores en folga é a mesma que tamén extorsiona ao goberno de Compostela Aberta, sempre coa inestimábel colaboración do triunvirato PPBloquePSOE. Que se saiba.

1 Nefelibata

Creme: o principal inimigo dos gobernos municipais das cidades "rebeldes" (que dicía o noutrora voso amado líder) son os propios equipos municipais... Son coma Pepe Gotera y Otilio. E vós uns queixicas, non resistiades nin a metade das críticas que sufriu o bipartito... Claro, que coma vós daquela andabades sumados á pinza coa dereita e certos medios para atacalo... A miña solidaridade cos empregados deste xornal e non vale todo coma moitos aquí xa teñen sinalado.

2 moi ben escollido o nome

Do 'Diccionario de la lengua española' nefelibata Formación culta del gr. νεφέλη nephélē 'nube' y -βάτης -bátēs 'que anda', y este der. de βαίνειν baínein 'andar1'. 1. adj. Dicho de una persona: Soñadora, que no se apercibe de la realidad. U. t. c. s. ( http://dle.rae.es/?id=QLT9mNs)

3 FUN_EEUU

Atopa isto no dicionario: Reganosa , Iolanda e Bastida. O de que formáchedes unha pinza co PPSOE tamén o digo eu. De feito eran dos vosos os que queimaban matadoiros, "liberaban" visóns americanos, protestaban por REGANOSA, etc. ...no bipartito. Agora estades caladiños coma pu.as. Sodes, xunto co PPSOE, o lixo que impide progresar a Galiza.

2 xees

Vives da subvención e se non che dan, trabas, como fas co alcalde 2.0, en fin... 150 e pico familias pero o que che preocupa é a túa conta corrente... Bágoas de crocodilo.