Como mellorar a pronuncia en inglés ou ensinar fonética inglesa de xeito dinámico e eficaz?

Un equipo de investigación da USC propón EPSS, un toolkit de pronuncia inglesa especialmente adaptado a falantes de español, que se presenta en soporte DVD.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Unha investigación da USC propón un método exclusivo de pronuncia en inglés para os falantes de español. Foi un equipo de lingüistas da USC o que desenvolveu en 2016 o método English Pronunciation for Speakers of Spanish. From Theory to Practice (EPSS) para tentar suplir as carencias que tanto profesorado como alumnado manifestan ter en relación ao ensino e aprendizaxe da fonética e pronuncia inglesas.

Investigadores da USC impulsores do EPSS, un toolkit de pronuncia inglesa
Investigadores da USC impulsores do EPSS, un toolkit de pronuncia inglesa | Fonte: USC

EPSS, que consta esencialmente dun manual impreso e da web interactiva EPSS Multimedia Lab, vese agora complementada por un DVD preparado e editado polo Servizo de Publicacións da USC que permite a descarga de infinidade de arquivos multimedia (vídeo e audio) de gran valor didáctico. A aplicación EPSS toolkit, da autoría de Mª Ángeles Gómez e Teresa Sánchez Roura, é, segundo as súas impulsoras, “un método dinámico e eficaz que permite estudar e practicar a fonética e a pronuncia do inglés en calquera lugar e dispositivo (computadores, móbiles, tabletas), sen depender de conexión a internet, e de forma amena, pero rigorosa e científica”.

O DVD inclúe materiais especificamente deseñados para falantes de español, prestando especial atención ás súas dificultades e erros máis frecuentes; un banco de sons contrastando os do inglés británico cos do español; unha batería de máis de 200 gravacións e exercicios prácticos (escritos e de audio/vídeo); e acceso a outros recursos e materiais seleccionados para ampliar os contidos.

A aplicación EPSS toolkit presentouse este venres en San Xerome nun encontro cos medios de comunicación no que, ademais das autoras, participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta