O Dépor, en caída libre

O equipo deportivista perde 4-0 co Leganés e deixa unha imaxe de impotencia na cuarta derrota consecutiva. O consello de administración reunirase este domingo e Gaizka Garitano podería ter as horas contadas como adestrador deportivista.

Por gcdeportes | A Coruña | 25/02/2017 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Ficha técnica
CD Leganés 4:
Iago Herrerín; Tito, Mantovani, Siovas, Diego Rico; Gabriel, Erik Morán (Unai López, 72'), Rubén Pérez; El Zhar (Alberto Bueno, 86'), Szymanowski e Guerrero (Samuel, 77').
RC Deportivo 0: Poroto Lux; Juanfran, Raúl Albentosa, Sidnei, Navarro; Guilherme, Pedro Mosquera (Andone, 46'); Carles Gil (Fayçal Fajr, 69'), Emre Çolak, Kakuta (Luisinho, 46') e Joselu.
Goles: 1-0: Szymanowski (minuto 19). 2-0: Mantovani (30'). 3-0: Unai López (81'). 4-0: Bueno (91').
Árbitro: Munuera Montero (andaluz). Vermella directa a Raúl Albentosa no minuto 62. Amarelas a Lux (63'), Florin Andone (68'), Guilherme (75'), Navarro (78') e Joselu (90') no Dépor e a Erik Morán (65') e Guerrero (68') no Leganés.
Incidencias: partido da 24ª xornada de Primeira División no estadio municipal de Butarque ante 10.000 espectadores.

Desastre total dun Dépor decepcionante e en caída libre. Ante un rival directo pola permanencia, facilidades defensivas, catro goles encaixados, autoexpulsión de Raúl Albentosa, sen capacidade de reacción, unha pésima imaxe... 4-0 e cuarta derrota consecutiva. O consello de administración reunirase este domingo para tomar unha decisión sobre o futuro de Gaizka Garitano.

Os xogadores do Dépor piden perdón á afección pola derrota.
Os xogadores do Dépor piden perdón á afección pola derrota. | Fonte: lfp.es

Con Pedro Mosquera e Joselu no once, o Dépor amosou boas intencións no arrinque, cunha boa ocasión de Kakuta coa testa que detivo Iago Herrerín. Pero as boas intencións duraron quince minutos, e o Leganés marcou na súa primeira chegada con perigo, nun centro dende a derreita que Szymanowski rematou á rede sen oposición. 1-0 no minuto 19. Na segunda chegada do Leganés, a balón parado dende o córner, gol de Mantovani coa testa ante a pasividade defensiva dos deportivistas. E menos mal que Szymanowski non atinou entre paus nun remate coa testa a centro dende a esquerda de Diego Rico. Sen capacidade de reacción, 2-0 ao descanso.

Gaizka Garitano deu entrada a Andone e Luisinho en vestiarios polos desaparecidos Mosquera e Kakuta. O Dépor púxolle de novo boas intencións, pero sen moitas ideas. Nun córner a prol do Dépor, novo erro e contra do Leganés, que acabou nun remate de Erik Morán ao traveseiro tras despexar Lux. No minuto 62, Raúl Albentosa acabou co partido e coas poucas opcións de remontar: cobadazo a un rival e vermella directa.

Con dez, deseperación deportivista, enleado nas protestas ao árbitro. Joselu tentouno cun remate preto do pau no minuto 71, pero pouco máis. Guerrero, só na área, non atinou co remate que puido ser o terceiro. Pero o 3-0 chegou no minuto 81, obra de Unai López. Ata Alberto  Bueno, que entrou no minuto 86, tivo tempo de marcar: o 4-0 chegou no tempo engadido. Gaizka Garitano, que aparecewu resignado na sala de prensa, podería ter as horas contadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta