Temas: SERGAS

Até cando vai haber camas con doentes nos corredores dos hospitais?

Nova denuncia na Fiscalía contra o SERGAS pola constante presencia de camas nas corredoiras de Urxencias. En Santiago morreu unha muller este ano nunha desas camas. Os traballadores alertan, ademais, que supoñen un risco para a seguridade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/03/2017 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña anunciou esta mañá a presentación de denuncias contra as xerencias dos hospitais públicos de Santiago (CHUS) e Coruña (CHUAC). A plataforma denunciará na xustiza a constante presencia de camas nas corredoiras dos centros de saúde.

Doentes ingresados no SERGAS, aparcados en corredores
Doentes ingresados no SERGAS, aparcados en corredores | Fonte: CIG

En opinión da Coordinadora, a existencia continúa de camas nas zonas de paso viola a lei de prevención de riscos laborais. Por iso a denuncia centrarase en primeiro lugar en probar un posible delito contra os dereitos dos traballadores.

Miguel Rodríguez, voceiro do colectivo, alertou esta mañá que situacións deste tipo son habituais, con ducias de doentes e os seus familiares acompañantes atoados nos pasillos de Urxencias ante a inexistencia de habitacións dispoñíbeis. O representante dos traballadores asegura que as camas e os seus familiares supoñen unha barreira física que pode provocar problemas no caso de ser necesario unha evacuación.

No caso do CHUS, de Santiago, o sindcato CESM-O MEGA tamén alertou esta ano que Inspección de Traballo xa apercibiu tres veces á xerencia do hospital. A Xerencia, que dende este mes ocupa a irmá do presidente Eloína Núñez, non solventou aínda este problema. 

De feito, en febreiro este sindicato médico denunciou a xerencia polo falecemento, precisamente, dunha muller no corredor de urxencias do Hosptial Clínico, doente que esperaba nunha cama canda outros 12 pacientes para ser atendido. Foi despois desta denuncia na Fiscalía que se produciu o relevo na xerencia do CHUS.

Os traballadores levan denunciando o uso das corredoiras como “almacén de pacientes” durante anos. Dende a Xunta sempre sinalaron que estes problemas son puntuais, sobre todo durante os picos da gripe. 

Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 Dalle que libras

Hoxe ocorría outro tanto na Coruña

1 Coordinadora Antiprivatizacion

sabemos que ocorre con frecuencia. Vos pedimos que cando sexa posible, saquedes fotos ou videos. Temos que amosar a realidade que nos queren ocultar