Case o 30% da poboación da Costa da Morte é emigrante

Os concellos desta comarca suman 35.000 desprazados nos últimos 18 anos, 5.200 máis que en 1998.

Por Galicia Confidencial | Cee | 13/03/2017 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A Costa da Morte, como outras moitas comarcas de Galicia, segue despoboandose, sobre todo, pola emigración e o envellecemento da poboación. Entre 1998 e 2016 aumentou un 17% a emigración costeira, tendo hoxendía 35.500 emigrantes, 5.200 máis que en 1998. Isto supón un 29% da poboación costeira, cando en 1998 a poboación emigrante representaba un 21%.

Con todo, os datos fanse aínda máis trascendentes se se ten en conta que a poboación costeira diminuíu nun 14% neses últimos 18 anos. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), un 70% dos “emigrantes” costeiros viven noutro concello na mesma provincia. Así, nada menos que un 20% da poboación da Costa da Morte reside noutro concello da provincia.

Máis emigrantes no estranxeiro

En todo caso, a emigración ao estranxeiro é a que máis aumenta. Os residentes no estranxeiro representan neste 2016 o 18% dos emigrantes desta comarca, e un 5% da poboación costeira. Unha situación moi diferente, e moito máis acentuada que hai 20 anos. En 1998 os emigrantes no estranxeiro supuñan un 3%, polo que o aumento da emigración queda patente con 2.300 emigrantes máis desde entón.

Máis en Carballo e Cee

Ollando os datos municipais, Carballo é o que peor parado en termos de emigración comparando as cifras de 1998 e 2016, se ben é o único concello da bisbarra, xunto a Cee, que viu medrar a súa poboación xeral. De feito, Cee tamén sufriu moito a emigración, segundo os datos absolutos.

Pola contra, Cabana e Dumbría son os que menos sufriron a emigración, e se ben a sangría poboacional diminuíu enormemente a súa poboación nestes 18 anos, teñen menos emigrantes que entón.

O drama da emigración continúan en Galicia 70 anos despois da foto de Manuel Ferrol
O drama da emigración continúan en Galicia 70 anos despois da foto de Manuel Ferrol

Do medio colaborador Que Pasa na Costa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta