Temor a despidos masivos en El Correo Gallego

Este grupo podería despedir a 30 ou 40 persoas. O Comité de Empresa denuncia que a empresa segue sen querer comprometerse a pagar os atrasos nas nóminas dos traballadores que suman xa seis meses. O director mesmo aconsellou aos empregados que pidan un crédito para aboar os salarios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A crise interna que vive El Correo Galego non ten fin. Lonxe de atopar solucións, a situación entre a dirección do grupo Editorial Compostela e os seus traballadores vai a peor. O último episodio é a falta de compromiso do xornal para tentar aboar os salarios pendentes --máis de seis meses--, aos seus traballadores.

José Manuel Rey Novoa
José Manuel Rey Novoa | Fonte: lacapitalmd

 

Sen embargo, a situación de El Correo Gallego podería empeorar. Segundo fontes do medio consultadas por GC, o grupo traballa xa para despedir entre 30 e 40 traballadores dos preto de 200 que aínda quedan. 

 

E é que o xornal viviu a súa primeira gran protesta pública hai case un mes, cando preto de medio cento de empregados se concentraron diante da nova sede do grupo, no polígono de Costa Vella. Unha medida simbólica para protestar pola sua penosa situación laboral que, quedaría en nada, senón fora por unha carta que o director, José Manuel Rey Nóvoa, remitiulles aos traballadores advertíndoos dos graves perigos que suporía esa mínima acción simbólica de protesta. Non só iso, senón que tamén enviou un fotógrafo para rexistrar quen se estaba manifestando.

Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com
Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com

 

Sufrimento en silencio

 

Os traballadores levan sufrindo en silencio durante moitos anos. A empresa, que ameaza con caer na quebra técnica, que perdeu xa a súa histórica sede, non lle paga aos empregados desde setembro pasado, a pesar de que estes levan insertos nun ERE temporal que os deixará sen cobertura de desemprego se van ao paro.

 

Por iso, nas últimas xuntanzas que mantivo o Comité de Empresa coa dirección do grupo, insistiuse na necesidade de que se asuma un compromiso de pago destes salarios atrasados. Un compromiso que o xornal négase a asumir.

 

Así, e segundo as actas das xuntanzas entre o comité e a empresa, que coñecen todos os traballadores e que chegaron a GC, a representación dos traballadores denunciou que a empresa está a incumprir estes acordos sistemáticos. Así, na xuntanza do pasado 9 de marzo, acordouse o pago das nóminas e asegurar que a medida de acompañamento do ERE asinado en 2015 quedara sen efecto desde o término do mesmo.

 

Compromiso de pago

 

“El Comité propuso que si la representación de la empresa aceptaba este acuerdo, por su parte se comprometía a llevar a una asamblea con toda la plantilla la propuesta de calendario de pagos de la empresa para que los trabajadores pudiesen manifestarse sobre la esta libremente. Esto a pesar de nuestra total disconformidad con los plazos que en dicha propuesta se reflejan”, apuntaban neste comunicado interno.

 

Sen embargo, e segundo denuncia o comité, unhas horas despois, a empresa rachou co pactado e só se comprometeu a “facer todo o esforzo posible para que as nóminas que se devenguen se vayan pagando dentro de los plazos legalmente establecidos”.  Unha ruptura dos acordos que non aceptou o comité que convocou a novas xuntanzas aos traballadores a pasada semana.

 

Pola súa parte, a empresa tamén remitiu un comunicado interno para contrarrestar ao do comité. Nesta nota apunta que “en ningún momento, asumió como acuerdo de mínimos, la posición de la representación sindical de pago de la nómina corriente dentro de los cinco primeiros días del mes siguiente”. 

 

Ademais,a  empresa insiste en que se comprometeu a pagar esas nóminas “en cada periodo mensual” tal e como acordou co Comité de Empresa. “La empresa ha sido clara en cuanto a las dificultades existentes, pero siempre intentando realizar un esfuerzo para resolver poco a poco las nóminas pendientes y para intentar agilizar el ritmo de cobro. Y éste es el único compromiso que asumió”, insiste.

 

Inversores e despidos

 

El Correo Gallego insiste nos argumentos que xa o seu director, Rey Varela, ten comunicado aos seus traballadores; que segue na busca de inversores. “Como es lógico, si alguna de las numerosas gestiones que la empresa tiene en marcha con inversores importantes prosperase, los plazos de pago se acortarían en la misma proporción que entrase el dinero en caja”, indica.

 

Pero, segundo as fontes consultadas dos traballadores por GC, a empresa podería estar preparando un despido masivo, de preto de 40 empregados, polo que o diñeiro que acadaría de supostos inversores sería o destinado a pagar as nóminas atrasadas e os despidos deses traballadores.

 

Ademais, suliñan que, nalgunhas das xuntanzas a empresa mesmo chegou a insinuarlle aos traballadores que pediran un crédito bancario para asumir eses atrasos e que logo xa se lles devolvería o diñeiro ao banco cando cobraran as nóminas atrasadas.

Comunicado remitido pola dirección de El Correo Gallego aos traballadores
Comunicado remitido pola dirección de El Correo Gallego aos traballadores
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta