“Galicia é a excepción en España; non se fixo moito por mellorar o coñecemento da súa lingua”

Un estudo comparativo feito na Universidade de Leiden (Países Baixos) sobre linguas en España e Italia destaca o papel do PP no Goberno galego para frear a revitalización do noso idioma.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

'Regional and Minority languages in the European Union: a comparative study' é unha tese realizada por Steven Boer e dirixida polo profesor Eugenio Cusumano na Universidade de Leiden, a máis antiga dos Países Baixos. Nela, o autor compara a situación idiomática de Italia e España e, no segundo caso, salienta que mentres en Cataluña e País Vasco se aplicaron políticas efectivas para aumentar o coñecemento e uso das linguas propias destas autonomías, "Galicia é a excepción, xa que o Goberno autonómico non fixo moito esforzo para mellorar o coñecemento do idioma galego".

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.

En concreto, Boer apunta directamente aos gobernos do Partido Popular de Galicia, aos que responsabiliza de ter freado a revitalización da lingua galega dende a chegada da democracia, logo dos anos escuros do franquismo. 

"En España vemos un movemento similar ao de Italia: Cataluña, País Vasco e Galicia recibiron cada vez máis liberdade para decidir sobre a política lingüística nos anos setenta", aínda que "en España este movemento chegou un pouco máis tarde que, por exemplo, no Tirol do Sur",a contextualiza Boer. Así, o autor lembra que en ambos os dous Estados "se concedeu máis liberdade ás rexións", en España coa chegada da democracia, situación que "aproveitaron" Cataluña e o País Vasco para "mellorar o estado das súa linguas, do mesmo xeito que sucedeu no Tirol do Sur", expón o investigador holandés.

"Só no curto período de tempo no que o Partido Popular de Galicia non estivo no poder fíxose un intento de revitalización da lingua".

Pero se en Cataluña e País Vasco "a política lingüística foi moi exitosa", o que levou a "aumentos na cantidade de falantes e sistemas educativos básicos moi populares para os nenos dentro das súas fronteiras", Boer contrapón esa situación de novo esplendor idiomático á de Galicia, "unha excepción particular á regra". Así, o autor subliña: "Os galegos tamén declararon oficialmente a súa lingua tan pronto como tiveron a oportunidade, pouco despois de que a nova Constitución española fose aprobada. Con todo, despois deste momento non fomentaron activamente o uso do galego, agás no curto período de tempo no que o Partido Popular de Galicia non estaba no poder, no que se fixo un intento de revitalización da lingua".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Nesta liña argumentativa, mentres en Cataluña e País Vasco se aplicaron novas políticas que "conduciron a unha maior educación no idioma propio" e a "un aumento no número de falantes", Boer describe a Galicia como a "excepción" en España, "xa que o Goberno autonómico non fixo moito esforzo para mellorar o coñecemento do idioma propio".

PP VS BIPARTITO

A situación en Galicia é paradoxal, xa que "desde a morte de Franco, o estado legal e a protección da lingua melloraron notablemente, pero estas melloras non levaron a un aumento nos falantes da lingua", expón o investigador.

Pero malia estes progresos, Boer identifica unha "actitude laissez-faire" no "primeiro período despois da caída do réxime franquista" coa cal "non se fixo moito por mellorar o estatus do galego". Este período comprende para Boer dende o iniciio da democracia até o ano 2005, "marcado por unha perda de falantes", apunta o autor da tese, quen lembra que "o principal partido gobernante nesta época foi o PPdeG, que formara goberno maioritario entre 1990 e 2005.

"En 2005 asumiu o poder o goberno bipartito do Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, marcado polos esforzos por reverter a situación da lingua, promovendo o galego en todas as esferas da vida pública, facendo fincapé na paridade lingüística na educación e creando unha rede de escolas infantís en galego. Esta política tamén incluíu a axuda para a tradución galega", lembra o autor.

Porén, a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións autonómicas de 2009 e a volta ao poder do PP estiveron "fortemente influenciadas polo tema da lingua", sinala Boer, quen, de novo, apunta directamente aos conservadores como responsables do freo ao progreso da lingua galega.

"O Partido Popular afirmou que sentían que o galego era imposto aos cidadáns. Volveron aos despachos e comezaron a revogar moitos dos decretos do goberno anterior. Negaron a existencia dun 'conflito lingüístico' na sociedade, pecharon galescolas e derrogaron o Decreto de Educación para substituílo polo Decreto do plurilingüismo. Este decreto reduce o galego como medio de instrución a un terzo das materias e prohibe explicitamente o uso de ensinar matemáticas, física e química no idioma. Estes foron aprobados a pesar da reacción masiva e as manifestacións públicas", conclúe o investigador holandés sobre o caso galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

17 Lozano & Lores SLU

Esta trolada cheira a lea artificial para captar lectores inocentes por parte de GC, fai sospeitar tanto fascista por aquí... Con todo, para os grandes patrioteiros de España, Una, Grande y Amarrada, se fora o caso, lembrar o que outro xa apuntou: tedes milleiros de compatriotas no Sahara maiores de 40 anos con DNI español agardando pola vosa axuda. Onde estades cobardes? Abandonastes, cheos de medo, aos que son tan españois coma vós! Ide resgatar o imperio perdido, amosade a vosa valentía e patriotismo! Na hora da verdade sodes uns mexericas!

1 nostrus

Lozano & Lores SLU. Por fascistas supongo que te refieres a tus camaradas naciotas que no pasan de ser cuatro gatos y que quieren que solo se haga su voluntad por encima de lo que decide la mayoria. Sois capaces de hacer el ridiculo por motivos identitarios y no tardareis en pedir que la corriente en Galicia sea a 190 V. para tener identidad y los enchufes sean diferentes al resto de España y se conduzca por el arcén. Ridículos, pero tan españoles como los demas e igual de gallegos, pero si no quereis ser españoles ¿por que no pasais por el quirófano?, a los travestis creo que les funciona y vosotros podeis intentarlo.

2 Lozano & Lores SLU

Por fascista refírome a ti, se es animador de CG aínda me pareces máis repulsivo. Por naciota non me identifico, nada de nacionalista, nin patriota, nin bandeira ou fronteira..., tampouco teño relixión ou deus (outra das túas repeticións continuadas), logo ti que tanto acusas es quen padeces de naciota (entendo que es unha combinación de nacionalista español e idiota). Son ácrata, apátrida, renego das túas limitacións. Son galego e cidadán do mundo (sen categorías). E español, por imperativo legal, cousa que non me quita o sono. Estarías orgulloso de obrigar a alguén a ser do Real Madrid, católico, lector de novela rosa, pintarse o cabelo de rubio... Non, verdade? Logo deixa que os demais sexan o que libremente desexen, non lle temas á liberdade dos outros! Se foras liberal de verdade entenderíalo, e se foras patriota español con honra non te agacharías ante as vergoñas que sofren os teus compatriotas do Sahara!

3 nostrus

Lozano & Lores SLU. ¿fascista eu? trabúcaste moito, porque para ser fascista hai queer intolerante, vamos coma ti, que quere meter o galego polos ollos a xente sin necesidade. Pois claro que non obrigo a ninguen a ser do Real Madrid, pero a ti si que che gustaria obrigar a xente a aprender o galego innecesariamente, ¿gustariache a ti que te obrigaran a probar de todo para logo elexir si eres ou non homosexual?. Fanfarroneades que sodes defensores do galego e só sodes inquisidores aprendices. Defensor do galego son eu, que defendo que a xente o use si quere, pero non llo meto a ninguen polos ollos. ¿Deféndes que haxa que aprender obrigatoriamente a muxir unha vaca?, logo poderas dicir que o fas para defender aa cultura.Galego por obriga NON, porque non hai necesidade, abonda con que sexa oficial e o use quen queira.

4 Amigos para siempre

E do Sahara non respondes? A túa valentía remata no teclado? E o teu imperio do castelán xa o limitas á Península Ibérica? Pobres imperialistas fracasados!

16 Españolistas dades noxo

Só hai unha realidade no estado español: a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social.

1 nostrus

La obligación de comprender el español no se hace por motivos identitarios sino que se hace para no tener una coartada para dejar de cumplir una norma y ademas el español lo comprenden todos los españoles, mientras que el gallego es una realidad que no lo comprenden todos los españoles. El gallego es un derecho, pero no es necesario convertirlo en obligacion y por lo tanto seria una obligación innecesaria, ¿para que queremos una obligación innecesaria?. Exigir el conocimiento del gallego para ser gallego es innecesario y exagerado, tan exagerado como exigir saber ordeñar a mano o saber arar con unas vacas, ¿cuantos de los naciotas que por aqui merodean saben arar con vacas?.

2 teutonio

Logo en Estados Unidos onde non hai unha lingua oficial un guatemalteco pode utilizar como coartada que non entende o inglés pra facer o que lle pareza?, non é por tanto o coñecemento do castelán unha obligación innecesaria?. E pra que queremos esa obligación innecesaria que é o coñecemento do galego?, primeiro de todo es ti quen di que é innecesaria, segundo, basicamente pra lograr acabar cunha das antinomias da Constitución que é que non todos os cidadáns españois somos iguais ante a lei, paréceme que acabar coa desigualdade é sempre algo necesario. Quizais pra alguén que compara garantir os dereitos dos cidadáns ou que parte de estes non sexan cidadáns de segunda con muxir a man ou saber arar sexa innecesario, pra moitos outros non. O que si é innecesario é facer sempre comparacións absurdas que mostran a túa falta de intelixencia ou problemas mentais

3 nostrus

teutonio. pois moi ben, vaite a Usa e incumple unha norma alegando que non entendes o inglés, verás de que che vale. Ou sexa que, segun ti, todos os españoles deben ter a obriga de coñecer o galego ¡patético! para que logo vos enfadedes si vos chaman naciotas. Seguramente olvidas que ademais todos deberemos coñecer o catalan e o euskera e o aranes ¿canto sabes ti de aranés?. A dia de hoxe non hai ultracatolicos que esixan coñecer a Cristo e sin embargo hai ultragalegos que nos queren facer comulgar con rodas de muiño.

4 teutonio

Meu, le máis e aprende a interpretar o que se che di e deixa de inventar o que eu escribo (galego obligatorio en toda españa??). Basicamente o que eu penso é "o follamos todos o la p... al río", tanto chimpar como botar á rapariga ao río me vale ben se acabamos con esa desigualdade xurídica consagrada na Constitución

5 nostrus

teutonio. A Constitucion fixoa o pobo español democráticamente e recoñece explicitamente a oficialidade de todas as linguas de España, cousa que non facia a constitucion do 31. En Francia só hai unha lingua oficial o "frances", inda que hai mais linguas que aqui, ¿acaso Francia non é democrática?. Mira ademais en todos os paises a ver cants linguas son oficiales. Si se pon o galego obrigatorio viran logo os ultracatólicos e pediran o coñecemento da Biblia como obrigatorio e teran a sua razon.

6 Amigos para siempre

Nostrus, a Grécia era democrática e con escravitude; escravos como en USA democrata e con segregación racial; ou no apartheid de Sudáfrica; demócratas como na República sen voto, de entrada, para as mulleres... A túa idea de democracia é un comodín, unha enorme trampa para manipuladores pensar que esta vai ser a constitución definitiva. Hai quen adora libros sagrados, uns falan de santos, outros de mitos elaborados polos pais da pátria, e hai inocentes que acreditan. E algúns fanatizados empregan argumentos fascistas para impor as súas crenzas. Ti mesmo.

7 Españolistas dades noxo

Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

8 urco

Que o pequeno-imperialista dea umha volta por Suiça, pra conhecer o que eh um estado plurinacional, sem nengum cantom tentando impor a sua lingua sobre outro, por exemplo.

15 Giovanni Falcone

Balbino, unha pregunta porque tes pinta de estar financiado polo 3-5% de CiU: Canto che pagan por mensaxe aquí? O cal é lóxico tendo en conta o contexto de Galeusca. Aí temos soltos aos Pujol, os patriarcas do nacionalismo catalán, que cunha fortuna calculada ao redor dos 1.500-2.000 millóns de euros, froito das comisións, son posiblemente a familia máis corrupta de Europa, nunha rexión como Cataluña, que é segundo a Unión Europea, a máis corrupta de España

1 balbino

Nooooooooo, eu cobro o cheque que non da pa moito da UPG non te trabuques e por mín os Puyol que se vaían a Africa cós teus reis a matar animais en perigo de extinción e levade os socios de Ciu PPeros convosco tamén así podedes falar catalán na intimidade. A ver si vos perdedes e non volvedes. Gracias por darnos a razón os defensores da Lingua Nai, o Galego, pois desviades a conversa por falta de argumentos, non tendes que contestar ante a imposición do castelán polo voso estado opresor, pois queredes ir de liberais e no fondo sodes un fachas pintadiños de gaivotas naranxas.

2 Lois Rodriguez

Balbino, está ben que recoñezas que cobras cheques pole teu trabalo eiqui, pero esqueces cando os da UPG traían de excursión turística ás Rías Baixas aos de CiU e gozabades da súa compañía. Para vós, Cataluña era e é o exemplo de como vivir do trinque co conto do nacionalismo

14 balbino

Cando os españolistas noxentos tendes que contestar con cousas que non veñen a conto ou contestades o que vos ven en gana estades dando a razón os nacionalistas galegos, grazas a deus non tódolos españois son uns borreguiños coma vos(moitos sí). Que carallo terá que ver Andorra nisto (debe ser de ir os vosos reis a esquiar a nosa conta), se non vos gustan os cataláns parece ser que é recíproco, deixade por as urnas, alí e en Euskal Herria os noxentos españois son residuais, así teñen a sua cultura coidada, o PIB máis alto, menor tasa de desemprego, maiores salarios...

1 nostrus

balbino, tamen olvidas que parte da riqueza de catalans e vascos foi feita por galegos que tiveron que marchar para ali pola politica franquista de apoiar aqueles territorios. En parte son os estomagos desagradecidos do franquismo. E si queren irse de España non fai falta que voten, poden liscar cando queiran e levar o que é deles, pero o territorio que pertenece a todos teñen que deixalo. Os naciotas galegos que queirades ir con eles tamen podedes liscar e levar o voso. España sería moito mellor.

2 urco

Que pouco aprendestes, pobres imperialistas espanhois, dos vossos anceios predatores em Portugal, Cuba, Puerto Rico ou mais recentemente da mui espanhola provincia do Sahara. O estado espanhol , empenhado na sua teimosia castellanista, esfarala-se aos poucos, começando por Catalunha, e oxala lhe chegue o turno a Galiza, sempre que nos poidamos safar de cipaios acomplexados.

3 nostrus

urco. para cipayos acomplejados los españoles con complejo de serlo y creo que tu eres uno de ellos. Explicame si vuestro odio a España va dirigido al conjunto de españoles, gallegos incluidos o a los españoles que no son gallegos. ¿Tienes algo contra los extremeños o murcianos?. Los renegados españoles son como los negros del ku klux klan

4 urco

Os portugueses som renegados espanhois porque safarom da coroa castelah coetaneamente ah tentativa fracasada catalah na guerra "dels segadors". Tambem som espanhois renegados os cubanos e o traizoado povo saaraui (aih se ve bem o honor dos imperialiastas espanhois). O problema nom som os espanhois, senom os imperialistas e a inexplicavel existencia , alem problemas siquiatricos, de sipaios quinta-colunistas. Nojo dades.

5 nostrus

urco. non sei, pero os sepa-ratas galegos non teño ningunha dubida de que son renegados españoles e cipaios ao mesmo tempo, con odio a maior parte dos seus compatriotas. Si para vos o galego é sagrado por haber sido feito polo pobo galego, inda de modo involuntario, moito mais sagrada será a Constitucion que foi feita e referendada de modo voluntario polo conxunto do pobo español. Os separatas galegos son xente adicadaa cuspir cara arriba e mexar contravento, que non dubidarian en quitar un ollo si con elo fan dano aos demais.

6 teutonio

Es aquí donde se dan carnets de buen español?

7 urco

Hai quem nom entende que Espanha eh umha realidade politica eh juridica relativamente recente, e que previa e previsivelmente posterior a Espanha actual existem naçons que como tais tenhem direito a sua auto-determinaçom. Catalunha eh Espanha e Portugal nom? Que passa coa Alta Navarra ou co Roselhom ou Gibraltar ou Ceuta e Melilha? A Espanha invertebrada que pretendem os imperialistas eh um insecto sem futuro. As naçons que hoje constituem este estado patetico, incomprensiveis pra o pequeno imperio, acharam num estado proprio a realizaçom que os monifates castelhanistas pretendem negar-lhes.

13 Balbino

Xa chegamos a conclusión de estes últimos comentarios, a culpa e do BNG(Callón é o demo e inda por riba marica como se lle ocurre defender o galego) coma non, das drogas holandesas( o tío este Boer é da UPG fijo), de que o galego só vale pa falar coas vacas pois non ten vocabulario(o iluminado que di isto non pon ningún exemplo pero todo vale) eu non teño problema no meu día a día ata que dou cos cavernícolas que só entenden a lingua cervantina e miran por riba do hombreiro presumindo da súa ignorancia. Os mellores son os liberais naranjitos a tempo parcial que cando non lles convén impoñen o seu idioma por riba do dereito das persoas a golpe de Constitución ou de Lei.

1 Galegus

A primeira parte da tua resposta é moi correcta. Pero de esixir o cumprimento de leis cando vos interesan e pasárvolas polo forro cando non vos gustan, sabedes os nacionalistas galegos e cataláns máis que ninguén. Por certo, suxiro que se investigue se os fondos para a tese non saíron dalgunha conta de Andorra pagada co 3-5% de CiU. Xa son unhas cantas as veces en que pillan aos nacionalistas cataláns untando a diversos europeos para que falen ben deles