“Galicia é a excepción en España; non se fixo moito por mellorar o coñecemento da súa lingua”

Un estudo comparativo feito na Universidade de Leiden (Países Baixos) sobre linguas en España e Italia destaca o papel do PP no Goberno galego para frear a revitalización do noso idioma.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

'Regional and Minority languages in the European Union: a comparative study' é unha tese realizada por Steven Boer e dirixida polo profesor Eugenio Cusumano na Universidade de Leiden, a máis antiga dos Países Baixos. Nela, o autor compara a situación idiomática de Italia e España e, no segundo caso, salienta que mentres en Cataluña e País Vasco se aplicaron políticas efectivas para aumentar o coñecemento e uso das linguas propias destas autonomías, "Galicia é a excepción, xa que o Goberno autonómico non fixo moito esforzo para mellorar o coñecemento do idioma galego".

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.

En concreto, Boer apunta directamente aos gobernos do Partido Popular de Galicia, aos que responsabiliza de ter freado a revitalización da lingua galega dende a chegada da democracia, logo dos anos escuros do franquismo. 

"En España vemos un movemento similar ao de Italia: Cataluña, País Vasco e Galicia recibiron cada vez máis liberdade para decidir sobre a política lingüística nos anos setenta", aínda que "en España este movemento chegou un pouco máis tarde que, por exemplo, no Tirol do Sur",a contextualiza Boer. Así, o autor lembra que en ambos os dous Estados "se concedeu máis liberdade ás rexións", en España coa chegada da democracia, situación que "aproveitaron" Cataluña e o País Vasco para "mellorar o estado das súa linguas, do mesmo xeito que sucedeu no Tirol do Sur", expón o investigador holandés.

"Só no curto período de tempo no que o Partido Popular de Galicia non estivo no poder fíxose un intento de revitalización da lingua".

Pero se en Cataluña e País Vasco "a política lingüística foi moi exitosa", o que levou a "aumentos na cantidade de falantes e sistemas educativos básicos moi populares para os nenos dentro das súas fronteiras", Boer contrapón esa situación de novo esplendor idiomático á de Galicia, "unha excepción particular á regra". Así, o autor subliña: "Os galegos tamén declararon oficialmente a súa lingua tan pronto como tiveron a oportunidade, pouco despois de que a nova Constitución española fose aprobada. Con todo, despois deste momento non fomentaron activamente o uso do galego, agás no curto período de tempo no que o Partido Popular de Galicia non estaba no poder, no que se fixo un intento de revitalización da lingua".

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Nesta liña argumentativa, mentres en Cataluña e País Vasco se aplicaron novas políticas que "conduciron a unha maior educación no idioma propio" e a "un aumento no número de falantes", Boer describe a Galicia como a "excepción" en España, "xa que o Goberno autonómico non fixo moito esforzo para mellorar o coñecemento do idioma propio".

PP VS BIPARTITO

A situación en Galicia é paradoxal, xa que "desde a morte de Franco, o estado legal e a protección da lingua melloraron notablemente, pero estas melloras non levaron a un aumento nos falantes da lingua", expón o investigador.

Pero malia estes progresos, Boer identifica unha "actitude laissez-faire" no "primeiro período despois da caída do réxime franquista" coa cal "non se fixo moito por mellorar o estatus do galego". Este período comprende para Boer dende o iniciio da democracia até o ano 2005, "marcado por unha perda de falantes", apunta o autor da tese, quen lembra que "o principal partido gobernante nesta época foi o PPdeG, que formara goberno maioritario entre 1990 e 2005.

"En 2005 asumiu o poder o goberno bipartito do Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, marcado polos esforzos por reverter a situación da lingua, promovendo o galego en todas as esferas da vida pública, facendo fincapé na paridade lingüística na educación e creando unha rede de escolas infantís en galego. Esta política tamén incluíu a axuda para a tradución galega", lembra o autor.

Porén, a vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións autonómicas de 2009 e a volta ao poder do PP estiveron "fortemente influenciadas polo tema da lingua", sinala Boer, quen, de novo, apunta directamente aos conservadores como responsables do freo ao progreso da lingua galega.

"O Partido Popular afirmou que sentían que o galego era imposto aos cidadáns. Volveron aos despachos e comezaron a revogar moitos dos decretos do goberno anterior. Negaron a existencia dun 'conflito lingüístico' na sociedade, pecharon galescolas e derrogaron o Decreto de Educación para substituílo polo Decreto do plurilingüismo. Este decreto reduce o galego como medio de instrución a un terzo das materias e prohibe explicitamente o uso de ensinar matemáticas, física e química no idioma. Estes foron aprobados a pesar da reacción masiva e as manifestacións públicas", conclúe o investigador holandés sobre o caso galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

7 lois

Menos mal que nos avisaron os desta Universidade, porque aquí aínda non nos deramos conta que o abafante nacionalismo español encarnado no PP está á aniquilar o noso idioma. Estalle sendo moi doado: discriminación absoluta do galego e potenciación masiva do español.

1 nostrus

Es curioso que ya no quedan ultracatolicos que se quejen de que queremos aniquilar la religion porque no le dejamos imponerla y sin embargo existen ultragallegos que lloriquean para que le dejemos imponer el gallego y nos asustan diciendonos que se pierde. Ademas de fascistas son mentirosos y demuestran que los ultracatolicos son mas democratas que los ultragallegos.

2 Coruñita

Que bueno!! Agora va a resultar que esa universidad de los Paises Bajos es ultranacionalista gallega que quiere imponer el gallego. Es que me parto contigo nostrus, eres único.

6 EDN

Isto é nova? Porque nada novo.

5 nostrus

Aqui fálase galego porque hai dous mil anos invadironnos os romanos, puxeron o latin e foi evolucionando cara o galego e o castelan. Si tanto apreciades o pasado pedide que se recupere o latin, pero vexo que non estades pola labor. A rotulacion urbá esta exclusivamente en galego cumplindo peor a sua mision que si estuvera en español, pero a vos eso non vos importa porque só queredes recrearvos nas vosas pallas mentales. Decideme que ganariamos si só existira o galego en Galicia. En America fálase o español e non teñen ningun complexo como tedes os nacionalíticos.

1 Leirachá

Nostrus, de non ser o miserento animador dos comentaristas de GC, precisas formación básica. Comeza por Barrio Sésamo, para entender o 'aquí' (galego) diferente do 'alí' ou 'alá' (castelán, catalán, francés...). Cando superes esta parte elemental, falamos de América, onde se fala moito español (partindo de 'alí'), bastante portugués (que foi de 'aquí'), e moito inglés (que tamén saiu de 'alá'). Non pases de lección sen saber, pois non é elegante... Outro día, cando sexas maior intelectualmente falando, tratamos dos complexos, comezando polos que sofres. De momento, vai iniciándote en conceitos elementais.

2 nostrus

Leiracha, intentas darte de listo pero solo consiguies ser un fanfarrón ¿acaso en América no se habla español?, pues se habla mas que en España. Y deberias saber que la verdadera expansion del español se hizo despues de la independencia de las colonias. Y se hizo porque eran conscientes del potencial del idioma y porque no eran tan imbéciles como los nacioneros gallegueros que son capaces de sacarse un ojo por motivos identitarios.

3 Ceogris

Mi madriña leiracha, o nostrus é máis corto do que parecía. Non ten nin un pouquiño de comprensión lectora. Nin da propia noticia, nin do teu acertado comentario. Está tan che de odio que so sabe insultar. Pobre creatura

4 teutonio

hahaha, o latín vulgar evolucionou nun mesmo territorio (Galicia) e entre o mesmo pobo en dúas linguas diferentes, o galego e o castelán... o nunca visto. Nivelón. Por certo, en América fálanse moitas linguas máis, algunhas delas son mesmo oficiais como o quechua, ou guaraní, tamén o aimara, mapuche, náhuatl... con ducias de millóns de falantes. Por non falar do portugués, idioma máis falado de sudamérica ou do inglés, a lingua que os inmigrantes castelanfalantes queren adoptar pra abandonar o estigma de seren castelanfalantes

5 Brixio

teutonio, só quero compartir: vivo nos Estados Unidos (na Florida), viaxei por todas as Americas - de Canada atá o Chile...para os castelan falantes nas Americas o ingles é o idioma favorito de aprender, mais temos morea de castelan falantes que non buscan aprender calquer outro idioma, calquera que sexa,..asi que viven nun pais ingles falante. Comico. Xeneticamente, non gustan de falar nourtra lingua hahaha Ingles e Español..e logo Frances (America norte por mor da Canada) e Portugues ( America sur por mor do Brasil)... son os idiomas falados. - o quechua, guarani, mapuche son linguas mortas que alguns falaran , mais non son empregados nas cidades nin nas escolas. xamais. Tambien hay muchos hablantes de Castellano que llevan 20 a 30 años vivendo aca y aun no hablan ingles, tal vez con esperanza a que los Estados Unidos adopte el Castellano como idioma principal... quien sabe?! Saúdos !

4 expaña e merda

non e un problema da lingua sinon o problema e a dominación criminal asasina e imperialista que expaña fixo sobre Galiza... Galiza ten que independizarse de expaña enton todo vai arranxar, todo vai ir mellor... sin expaña a Galiza avanza (ilegalización dos partidos expañolentos pepeiro, sociata e podreiro o cancro de Galiza e expaña

1 nostrus

Cierto que España tiene algo de mierda, pero es por lo que aportan españoles como tu, ademas de los corruptos, los pederastas o los sepa-ratas, pero que sepas que aun a pesar de ti y de ellos España es una gran nacion y con gente maravillosa. Y que sepas que si somos gallegos es porque somos españoles. Imposible ser gallego sin ser español.

2 EDD

Obviamente, español por forza coma se fose un castigo.

3 Parada do Sil

Nostrus, tan liberal é que nos quere amarrados! Canto medo a que podamos decidir en liberdade! Ser liberal era outra cousa, ampararse na forza dun estado é xusto o contrário! Así destapamos falabaratos, presumen de liberais e de demócratas e na realidade son o polo oposto.

4 teutonio

Nostrus, estaslle a negar a galeguidade aos miles de galegos da diáspora que non teñen pasaporte español?, es ti quen da carnés de galego entón?

3 Alvaro Cunq

Curioso que sexa un boer o que fale de estas cousas. Los boers, o afrikaners eran os que mantiñan o sistema de apartheid e querían que os negros alí - castelán falantes aquí - foran cidadáns de segunda - como os castelán-falantes aquí,que se atopan todo en galego cando van á Xunta ou concellos, só estudasen afrikaner, un idioma minoritario. Pero iso foi o principio do fin do apartheid, porque os negros querían era aprender a falar inglés, como aquí onde todo o mundo quere falar español. E aquí pasará o mesmo.

1 balbino

Mima polo menos Nostrus non se esconde, mama mía xa facía tempo que non lía algo tan entrevesado, manipulado e falso, quen é todo o mundo???

2 Vimbio

Non tés nin idea da historia de Sudáfrica e Namibia. Nin do afrikaner, nin do bantú, nin do inglés q se fala nesas nacións. Quen eres, o Kunta Kinte galego? Como te sintes cando acabas de vomitar o que acabas de vomitar, especialista en afrikaner?.

3 teutonio

Mimá... as parvadas que hai que ler, comparar un traballo académico dunha universidade do prestixio internacional como a de Leiden co apartheid simplemente porque hai 2 séculos os territorios de Transvaal e Orange eran poboadas por descendentes de holandeses, os cales conservaron unha lingua, o afrikans que é unha derivación do neerlandés... menudo nivel.